Afincado en Tebra,ex mestre de Tomiño no CEP Pedro Caselles, José Mª 'Pepe' Gude, foi homenaxeado polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado odomingo na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio 2019. Decenas de persoas congregáronse na Praza do Seixo para asistir ao Acto Cívico ideado, hai algo máis dunha década, polo goberno local para recoñecer os méritos de aqueles e aquelas "que contribuíron a facer de Tomiño un lugar mellor".
Máis de 20 equipos de toda Galicia disputarán mañá sábado, 14 de setembro, o 'IV Campionato Galego Inclusivo', que terá lugar no río Miño, ao seu paso pola parroquia tomiñesa de Goián, á altura do embarcadoiro accesible instalado recentemente polo Concello.
O domingo 14 de setembro, tomiño pechará as Festas do Alivio coa celebración do Acto Cívico 2019, que este ano está adicado a José Mª Gude Méndez, Pepe Gude, (Calvos de Randín, 1951), mestre dende 1977 no colexio chamado daquela "do Mosteiro".
Luís Fernández, en canoa, e Manuel Ochoa, en kaiak, –ámbolos dous do Club Deportivo Miño-Os Teixugos de Tomiño– formaron parte do equipo nacional que acudiu esta semana a última Copa do Mundo de Slálom celebrada na cidade checa de Praga entre 6 ao 8 de setembro. Luís e Manu foron os únicos galegos que a Federación Española de piragüismo convocou para esta competición.
Este ano, o Concello organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título 'Camiños Converxentes'. A...
A federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno «Pedal'Arte», a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, veñen de facer un comunicado conxunto tralo achádego do corpo sen vida do triatleta desaparecido en augas do Miño.
O Concello de Tomiño organiza, para as Festas do Alivio 2019, unha interesante exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, mostra que leva por título 'Camiños Converxentes' e que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no primeiro andar do Mercado Municipal. 'Camiños Converxentes' será inaugurada, oficialmente, o sábado ás 12 horas.
Continúan os labores de procura do mozo portugués de 23 anos que desapareceu a tarde do domingo pasado durante a proba de natación do Tríatlon dá Amizade, que se desenvolvía entre a Parroquia de Goian, no municipio de Tomiño, e Vilanova de Cerveira, na marxe portuguesa do Río Miño.
Proseguen os traballos de procura dun participante no Triatlón da Amizade cuxa proba de natación desenvovíase en augas do Miño, en Goián, municipio de Tomiño. Pasadas as cinco e media da tarde de onte, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, activaba o protocolo de colaboración transfronteriza no caso de emerxencias, ARIEM112, para tratar de localizar ao participante desaparecido de nacionalidade portuguesa.
As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima. A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.
O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño celebrarase o vindeiro día domingo 1 de setembro, no marco da Eurocidade, prevéndose a participación de máis de 300 atletas federados/as e non federados/as, oriúndos dos dous países veciños, e que van disputar o circuito novo de promoción en BTT, no período da mañá (inicio 11:15 h hora galega), e o Triatlón Sprint Estrada, cuxo arranque está previsto para as 15 30 h (hora galega).
O Concello de Tomiño vén de organizar un novidoso obradoiro de Creación de Textís Electrónicos-Robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.