Martes, 13 Maio de 2025

Tomiño

A mocidade europea, conectada a través da campaña “Time To Move”

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, coma membro da rede EURODESK e no marco da campaña europea "TIME TO MOVE", está a traballar este mes de outubro nunha serie de actividades presenciais e en liña conectando a xente de toda a xeografía europea.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, a partir do ano 2014, envolvendo nas súas accións a máis de 10.000 persoas, afondou e consolidou as relacións institucionais a través dunha programación e xestión conxunta e partillada de distintos servizos públicos e do envolvemento da cidadanía na formulación de solucións comúns para a resolución de problemas comúns.

Tomiño ilumínase de rosa para visibilizar o cancro de mama

Con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama o día 19 de outubro, a Asociación de Diagnosticad@s de Cáncer de Mama (ADICAM) decidiu reinventarse para poder seguir visibilizando a doenza atendendo ao cumprimento das normas derivadas da Covid-19, polo que este ano decidiu convocar ás institucións públicas para iluminar algunha estrutura arquitectónica de cor rosa.

O Concello de Tomiño inicia un estudo para atraer novos clientes ao mercado

O Concello de Tomiño porá en marcha un estudo de campo co que detectar os factores que permitan achegar novos clientes ao seu mercado municipal, o único que conta actualmente co selo de excelencia concedido pola Xunta de Galicia. A realización do estudo comezará mañá 20 de outubro e consistirá na realización de enquisas a pé de rúa entre a veciñanza de Tomiño.

Técnicos da Deputación de Pontevedra visitarán as parroquias de Tomiño para a entrega ou visita de composteiros

O Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra inician unha nova fase no sistema de entregas de composteiros individuais encadrados dentro do plan Revitaliza, que pretende establecer un novo modelo de xestión dos residuos orgánicos a través da compostaxe dos mesmos. O sistema de entrega, que ata agora se realizou a través de reunións periódicas cos veciños, pasará a ser levado a cabo por técnicos da Deputación de Pontevedra que visitarán as vivendas de todas as parroquias a partir da vindeira semana.

Tomiño formará en informática ás familias para mellorar o apoio educativo dos máis cativos

A experiencia do confinamento derivada da situación pandémica actual serviu para evidenciar as múltiples carencias e dificultades existentes en moitos fogares para acceder á educación pola vía telemática, acentuando as desigualdades sociais entre o alumnado.

Arde por completo a cociña dunha vivenda en Tomiño sen causar danos persoais

Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Sanomedio, no termo municipal pontevedrés de Tomiño. Malia que a casa estivera habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido polos efectivos de emerxencias que acudiron ao lugar do suceso.

O PSOE de Tomiño asegura que a recollida de firmas do BNG a prol da sanidade pública “é un fraude”

Os socialistas de Tomiño aseguran que a campaña de recollida de firmas en favor da sanidade pública, levada a cabo ao longo desta semana polo BNG no Concello de Tomiño, “é un fraude por non ter validez ningunha ao...

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a actividade adaptándose á nova normalidade

Un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Tomiño inicia as súas actividades. Nesta ocasión, debido á situación pandémica, foi preciso tomar unha serie de decisións co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado.

A Unidade de Atención Temperá do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas

A Unidade de Atención Temperá (UAT) da comarca do Baixo Miño comezará a funcionar nas vindeiras semanas. Creada recentemente pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, está constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, co obxectivo de que as familias que teñan menores con dificultades de aprendizaxe, poidan ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse até Vigo.

Unha vintena de tomiñesas aprenden recursos de internet para mellorar a súa competitividade laboral

"Competencias dixitais na busca de emprego e nas relacións coas administracións" é o nome do curso que, con aforo completo e lista de agarda, comezou este luns en Tomiño. Organizado polos servizos de Igualdade da Deputación de Pontevedra e do propio Concello, o obradoiro está dirixido a mulleres en paro o en na busca de mellora de emprego.

O Mercado de Tomiño acolleu hoxe a presentación de ‘Parte de ti’ campaña de apoio ao rural

O Mercado de Tomiño acolleu, na mañá de hoxe, a presentación de 'Parte de Ti', uha campaña de sensiblización para poñer en valor o produto local. O acto foi presentado pola alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR, Sandra González.