Mércores, 2 Xullo de 2025

Tomiño

Tomiño avanza na implantación do Plan Revitaliza para fomentar a compostaxe en todo o concello

Tomiño continúa levando a cabo a bo ritmo a implantación da compostaxe no concello, dentro do Plan Revitaliza, impulsado dende a Deputación de Pontevedra.

A Agrupación Musical de Goián dará un concerto na praza do Seixo polo Día das Letras Galegas

Co gallo da programación cultural prevista para o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na Praza do Seixo.

Tomiño convoca a todos os centros de estudo para montar unha instalación na Praza do Seixo coma homenaxe a Xela Arias

Tomiño vai celebrar, un ano máis, o Día das Letras Galegas. Unha conmemoración moi especial que consistirá na montaxe dunha instalación colaborativa artístico-pedagóxica, denominada “ENTRELAZOS DA MEMORIA-Percorrendo emocións con Xela Arias”, coma homenaxe á escritora distinguida.

A mocidade de Tomiño traslada as súas propostas á Xunta

O Consello da Infancia de Tomiño, Voces Novas, participou este xoves nunha reunión telemática promovida por UNICEF xunto con representantes de organismos homónimos de concellos galegos como Teo, Cabanas, Moeche, Redondela, O Porriño, Moaña e Castrelo de Miño. Alejandro Pereira e Alejandra Villa, representantes tomiñeses de 11 e 12 anos respectivamente, trasladaron xunto con outros 14 nenos e nenas as súas inquedanzas e propostas ao director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña “Quérote Moito”

O próximo luns día 10 dará comezo a campaña "Quérote Moito" da man da Asociación de Comenrciantes de Tomiño, que se estenderá ata o 20 de maio. Os establecementos participantes estarán identificados coa correspondente cartelería.

O PSOE de Tomiño lamenta que se achaque a “temas políticos” a dimisión do Concelleiro de Tráfico

Ante a publicación dun post nas redes sociais no que se involucraba supostamente ao concelleiro de Tráfico de Tomiño en diversos incidentes –acontecementos que remataron coa dimisión do edil– e as acusacións, totalmente carentes de fundamento, de ser unha campaña orquestada polo PSOE tomiñés, as e os socialistas do municipio veñen de facer unha serie de matizacións de cara a clarificar os feitos.

A pandemia acrecenta a demanda de cursos na Aula CeMit de Tomiño

A pandemia por coronavirus parece haber influído de maneira significativa na demanda de cursos e outras accións formativas na Aula CeMit de Tomiño, situada no coñecido coma Campo da Feira.

Inspección técnica de vehículos lixeiros os días 3 e 4 de xuño en Tomiño

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Turismos estará situada en Tomiño os días 3 e 4 de xuño no lugar de San Benito – Campo de Festas do Alivio.

O INJUVE recolle na súa guía de exemplo de boas prácticas, dúas realizadas polo Concello de Tomiño

O Instituto da Mocidade de España (INJUVE), recolle na súa guía de exemplos de boas prácticas 111 experiencias realizadas nos últimos anos polas distintas oficinas de información xuvenil do país, dúas delas levadas a cabo pola OMIX Tomiño.

A Xunta retoma esta semana as tarefas de limpeza nas vías de alta prestacións na zona de Tomiño e A Guarda

A Xunta ten previsto retomar esta semana os traballos de roza e limpeza nas vías de altas prestacións C.G.-4.2, nos municipios de Tomiño e da Guarda, e V.G.-4.3, en Cambados e Vilagarcía. Ademais, continuará coas tarefas que están en marcha noutras vías da provincia de Pontevedra, así como nas de Ourense e da Coruña.

O Concello de Tomiño contrata a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2021

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal. As novas incorporacións producíronse ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2021 na súa liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

Falece unha persoa nunha colisión entre un coche sen carné e un camión formigoneira en Tomiño

Unha persoa perdeu a vida este mediodía ao colidir frontalmente o coche sen carné no que circulaba contra un camión formigoneira, cuxo ocupante resultou ileso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregasen o material de excarceración para liberar a esta persoa, que quedou atrapada no interior do vehículo.