12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA pandemia acrecenta a demanda de cursos na Aula CeMit de Tomiño

    A pandemia acrecenta a demanda de cursos na Aula CeMit de Tomiño

    Onte e hoxe examináronse varias persoas para a obtención do CODIX (Certificación galega de competencias dixitais en ofimática)

    A pandemia por coronavirus parece haber influído de maneira significativa na demanda de cursos e outras accións formativas na Aula CeMit de Tomiño, situada no coñecido coma Campo da Feira.

    Durante os meses de xaneiro e febreiro, debido ao alto número de contaxios, non houbo actividades de formación, pero foi moita a xente que solicitou axuda para poder realizar diversos trámites a través de Internet coma, por exemplo, uso da Sede Electrónica do Concello de Tomiño, realización de solicitudes de citas previas nas diferentes administracións, trámites na páxina de emprego da Xunta de Galicia e no SEPE (Servizo Público de Emprego), entre moitos outros.

    Dende o 1 de marzo ata finais do pasado mes de abril celebráronse dous cursos ofimática de 84 horas cada un, aprendendo as persoas participantes a manexar os programas Libreoffice Writer, Calc, Base e Impress).

    Debido ao COVID-19 e a alta demanda de participantes, 13 en total, fíxose necesario facer dúas quendas, ademais de ser obrigatorio, loxicamente, o uso da máscara, a desinfección dos equipos, emprego de mamparas e uso de xel hidro-alcohólico, entre outras medidas de seguridade.

    Os coñecementos adquiridos servíronlles ás persoas usuarias para preparar o exame celebrado en diferentes aulas da rede CeMIT (entre elas na de Tomiño) hoxe e onte, para a obtención do CODIX (Certificación galega de competencias dixitais en ofimática); proba convocada pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica).

    Esta certificación é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, que as persoas precisan para desenvolverse no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

    Nos próximos meses realizarase un curso de retoque fotográfico e outro de Iniciación a informática. Ademais, organizaranse nos meses de verán actividades para público infantil, e no mes de setembro, volverase impartir o curso de ofimática orientado, tanto a persoas interesadas en aprender o uso destas ferramentas, como ás que queiran prepararse para a seguinte convocatoria do CODIX que, con probabilidade, será en novembro deste mesmo ano.

    Para solicitar información e anotarse aos vindeiros cursos, as persoas interesadas poden chamar ao 986623304; enviar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal; inscribirse na páxina web da Aula CeMit ou pasarse directamente pola aula do Campo da Feira.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS