10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña "Quérote Moito"

    A Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña “Quérote Moito”

    A Asociación de comerciantes ADETO lanza a primeira de varias campañas temáticas que vai a levar a cabo ó longo de este ano, pretendendo así que todos os sectores asociados se vexan beneficiados das campañas

    O próximo luns día 10 dará comezo a campaña “Quérote Moito” da man da Asociación de Comenrciantes de Tomiño, que se estenderá ata o 20 de maio. Os establecementos participantes estarán identificados coa correspondente cartelería e os clientes que fagan as súas compras en ditos establecementos recibirán papeletas para o sorteo dun vale de compra por valor de 100€.

    O sorteo terá lugar o día 22 de maio e o número premiado publicarase tanto nas redes sociais como na web da asociación.

    Os comerciantes confían en seguir contando co apoio e confianza dos clientes que se mantiveron fieis durante esta difícil situación que se leva vivindo no último ano, e esperan con optimismo as novas medidas flexibilizadoras que virán nos próximos días.

    ADETO presenta ademais, con esta campaña, nova imaxe corporativa do centro comercial aberto, unha imaxe renovada e actual na que se troca o lema “O natural é mercar aquí” por “Xuntos medramos”, resumindo en dúas palabras os beneficios de consumir no comercio local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.