Domingo, 6 Xullo de 2025

Tomiño

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa ruta do Alto da Pena

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto co que se busca dar a coñecer camiñando a riqueza paisaxística, cultural, patrimonial, ambiental e natural existente a ambas beiras do Miño.

A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presenta máis de 3.000 firmas en demanda dunha asistencia sanitaria digna

A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou, o pasado luns 27 de setembro por rexistro na Xunta de Galicia –concretamente na Consellería de Sanidade– mais de tres mil firmas da cidadanía tomiñesa para esixir ao Sergas unha Sanidade Pública e de calidade para veciñanza.

O novo skatepark de Tomiño acollerá este sábado a súa primeira competición

O novo skatepark de Tomiño, un dos maiores da provincia e situado na Alameda de Goián, acollerá este sábado a súa primeira competición deportiva. O novo espazo, inaugurado a fin de semana pasada, acollerá a deportistas de todas as idades dentro da xornada Eruptiom Jam.

Redondela, Tomiño e A Cañiza recibirán achegas do IDAE grazas á Deputación

Seis concellos da provincia contarán con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais grazas á aceptación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación, dunha achega do IDAE que ascende a 387.900 euros.

O PP de Tomiño propón ao Concello de Tomiño trasladar o consultorio de Goián, pechado desde hai ano e medio

O Partido Popular de Tomiño propón ao Goberno local trasladar o consultorio de Goián, actualmente pechado porque incumpre as medidas de prevención, a un novo local que permita atender aos veciños desta parroquia e, ademais, evitar o colapso do Centro Médico de Tomiño.

A OMIX de Tomiño arranca a temporada de outono con novos cursos e actividades lúdicas

A OMIX de Tomiño arranca a temporada de outono ofertando novos cursos e actividades para a mocidade. O primeiro deles será un curso de técnicas de estudo, dirixido ao alumnado da ESO, Bacharelato, Ciclos formativos, Universidade, persoas opositoras e calquera profesional que desexe aprender dun xeito eficaz.

A Deputación aproba unha nova achega do Plan Concellos para Tomiño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalidou o compromiso da institución cos concellos da provincia mediante a aprobación de novas achegas por máis de medio millón de euros ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

Tomiño resolve 9 de cada 10 incidencias rexistradas a través da súa app móbil ‘Línea Verde’

Fai xa ano e medio que o Concello de Tomiño puxo en marcha a súa app móbil ‘Línea Verde’, unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras.

Adíase a inauguración do skatepark de Tomiño

Debido ás desfavorables previsións meteorolóxicas, a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián será APRAZADA ao próximo sábado 2 de...

Tomiño inaugurará este sábado un dos maiores skatepark da provincia

Este sábado terá lugar a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián, que estará composta por unha pista de skatepark e unha pista polideportiva.

Tomiño ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer

O Concello de Tomiño quixo sumarse á iniciativa de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia) para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer este 21 de setembro, iluminando a fachada do consistorio municipal de verde para contribuír a visibilizar esta doenza.

A Xunta lembra que o BNG goberna nalgúns dos municipios galegos máis beneficiados polo apoio de Augas de Galicia

A Xunta de Galicia lembra que o BNG goberna nalgúns dos municipios galegos máis beneficiados polo apoio que presta Augas de Galicia aos concellos no exercicio das súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración.