Luns, 7 Xullo de 2025

Tomiño

Continúa en Tomiño a formación en prevención de riscos laborais no ámbito forestal da Xunta

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), arranca hoxe en Tomiño unha nova edición do curso para a prevención de riscos laborais no manexo seguro da motoserra e rozadoira.

O Concello de Tomiño lembra á cidadanía que separar o lixo orgánico comeza a ser obrigatorio

A Deputación de Pontevedra anunciou a obrigatoriedade de tratar o lixo orgánico a partir do 30 de xuño de 2022, que esixe a separación dos restos de alimentos e vexetais do papel, metal, plástico e vidro. Dende o Plan Revitaliza, a Deputación suxire tres opcións para tratar os biorresiduos: compostar de maneira doméstica cun composteiro individual, compostar en centros de compostaxe comunitaria ou depositar os biorresiduos en colector marrón.

O ‘Obradoiro Ágora’ revela que Tomiño recuperou máis de 20.000 m2 de espazo público

Persoal técnico e político de diferentes concellos da provincia participaron hoxe no Concello de Tomiño na segunda sesión do ‘Obradoiro Ágora’ da Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra, un espazo de formación práctica sobre a recuperación do espazo público.

Tomiño pon en valor o seu patrimonio románico con concertos líricos e de música medieval

Dentro da axenda de verán do Concello de Tomiño, destaca con luz propia o ciclo “Música e Románico”, organizado por primeira vez dende a Concellería de Cultura, co fin de por en valor o importante patrimonio histórico artístico que representan as igrexas de época románica.

Evangelina Vila Albores “Leo”, recibe os seus 103 anos rodeada do cariño da súa familia e das súas coidadoras

Na residencia de maiores situada en Torrón (parroquia de Sobrada, Tomiño) o día de hoxe espertou diferente.

A alcaldesa de Tomiño reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, defendeu onte en París a cooperación e a gobernanza transfronteirizas co máximo grao de participación pública.

Tomiño, protagonista dun obradoiro da Facultade Ágora da Deputación

O Concello da Tomiño será o vindeiro xoves 30 protagonista dun dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas.

Tomiño remata o seu percorrido polas parroquias cun balance positivo e novas ideas

Grande acollida da nova edición do programa ‘O Concello escoita’, unha iniciativa que regresou ás parroquias tomiñesas tras o parón obrigado pola pandemia.

A alcaldesa de Tomiño é convidada a un foro internacional sobre o futuro dos territorios transfronteirizos

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, intervirá o vindeiro 22 de Xuño no Foro sobre Fronteiras organizado en París no marco do semestre da presidencia francesa do Consello da Unión Europea (UE) que finaliza este mesmo mes de xuño.

Tomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades deportivas, formativas e de lecer

Tras dous anos de pandemia, Tomiño recupera a normalidade de cara ao verán (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) realizando unha mega oferta de campus, campamentos, cursos e obradoiros.

A activista Laura Herrera comparte en Tomiño a súa experiencia da xestión colectiva e feminista da auga

“Os vertidos das empresas contaminan as fontes e, á súa vez, hai compañías que se están a instalar nas zonas de recarga hídrica dos acuíferos, de maneira silenciosa e saltándose todas as normativas”.

O IES Antón Alonso Ríos fomenta a investigación co seu I Congreso Científico

O IES Antón Alonso Ríos continúa a dar pasos para proporcionar ao alumnado un espazo motivador onde o alumnado poida compartir os seus intereses. Con ese obxectivo celebra do 7 ao 10 de xuño o seu I Congreso Científico.