Xoves, 10 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño lanza a campaña ‘Nadal+Nadal’ para impulsar o comercio local

Tomiño ule este Nadal a premio. O Concello continúa no camiño de dinamizar o comercio local cunha nova edición da campaña ‘Nadal+Nadal’.

Apertura do prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo do Imserso

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes do PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO (BALNEARIOS).

Esta fin de semana poderás escoitar os ‘Ecos do Nadal’ no Rosal

A programación cultural continúa no Rosal esta fin de semana con música. Este domingo 11 de decembro a Igrexa parroquial de Santa Mariña será o escenario do XII Concerto Coral ‘Ecos do Nadal’

Tui acolle o II Concerto Solidario de Protección Civil en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.

Pepe ‘o Zapateiro’ cumpre 101 anos

José Miranda Treinta, veciño do concello de Oia coñecido como Pepe, ‘o Zapateiro’, celebrou o seu 101 aniversario. Para felicitalo en nome de todo o municipio, a alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, achegáronse a facerlle unha visita e agasallalo cunha torta.

Inscricións abertas para a proba de obstáculos “A Guarda Family Kids”

A Alameda da Guarda acolle o vindeiro sábado día 7 de xaneiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a idades de rapaces de entre 3 e 12 anos,

Tomiño asina un convenio coa Fundación Manuel María para difundir a obra do poeta galego

O Concello de Tomiño e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos veñen de asinar un convenio a través do que se o Goberno municipal se compromete a colaborar na difusión da obra do poeta galego.

Peche temporal do albergue municipal da Guarda

O Concello da Guarda pechará o Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos.

Xa está aberto o Mercadiño Solidario de Libros na biblioteca de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza até o venres 30 de decembro unha nova edición do mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello.

Tui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022

O Concello de Tui foi galardoado con dúas Flores de Honra no Certame Vila en Flor 2022. Trátase da primeira ocasión na que o concello recibe esta segunda flor, unha distinción para a que o xurado valorou positivamente as actuacións en materia de compostaxe, educación ambiental e as obras de recuperación de espazos para a veciñanza.

Tui oferta un campamento urbano e outro rural este Nadal

Este Nadal, coincidindo coas vacacións escolares, o Concello de Tui oferta dous campamentos de Nadal, un rural que se desenvolverá na Granxa Escola Corazón de Carballo e outro urbano, que se realizará no pavillón Gustavo Rodríguez e noutros ámbitos do municipio. Ambos terán carácter gratuíto.

O Rosal recibe o 7 de decembro a visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

O Rosal remata o ano cunha nova visita este mes de decembro dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro mércores día 7 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.