Domingo, 11 Maio de 2025

O Baixo Miño

«Falemos do Camiño» achega o legado do Camiño Portugués da Costa á Guarda

O pasado sábado día 15 de febreiro realizouse na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Consistiu nunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio.

Gonzalo Caballero coñece sobre o terreo os principais problemas aos que se enfronta Tomiño

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato socialista á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, visitou esta pasada semana Tomiño para, acompañado polas concelleiras Violeta de Santiago e Marta Misa, percorrer as instalacións de Viveros Nilo e coñecer, de primeira man, algúns dos problemas que preocupan ao sector.

O Rosal organiza un curso de cociña de «pratos de culler» con produtos de tempada

O Concello do Rosal organiza para o vindeiro mes de marzo un curso de cociña no que se aprenderá a facer pratos de culler aproveitando os recursos da zona e produtos propios da tempada de inverno.

A Guarda homenaxea aos seus e súas deportistas na XIII Gala do Deporte

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera. Neste evento recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

Tomiño e Goián prepáranse para vivir os seus tradicionais Entroidos

O xa tradicional desfile de Entroido 'Venres de Foliada' encherá as rúas de Tomiño na noite do 21 de febreiro, a partir das 21.30h no centro de Tomiño. Unha vintena de comparsas serán as protagonistas deste especial desfile, un dos máis multitudinarios da comarca. Por mor das obras de peonalización que se están a levar a cabo en dúas rúas do núcleo urbano, unha parte do percorrido habitual terá que modificarse.

Concello de Tui e AFAGA impartirán un programa dirixido a coidadores familiares de persoas dependentes

Hoxe abre o prazo de inscrición para 'Coidand@-me' o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.

O comercio da Guarda estuda as oportunidades que ofrece o Camiño Portugués pola Costa

O pasado mércores día 12 de febreiro, e promovida polas Concellerías de Turismo e Deenvolvemento Rural, tivo lugar na Guarda unha reunión dirixida ao comercio para estudar as oportunidades de negocio que ofrece o Camiño Portugués pola Costa, tanto polo seu crecemento exponencial coma coa vista posta na celebración do Xacobeo 2021.

Lola López Mondéjar, “o século XXI estanos amosando unha ensinanza moi desvalorizada”

A psicoanalista, escritora e docente Lola López Mondéjar puxo este xoves o broche de ouro á V Semana da Educación de Tomiño nun auditorio de Goián ateigado ante o que fixo unha diagnose da “educación antropocénica que está a sufrir a sociedade contemporánea”. E foi moi contundente: “Non estamos preparando aos individuos para o mundo que se aveciña, un mundo que non terá nada que ver co que estamos a vivir nós agora mesmo”.

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos presentan o sábado «A nena e o grilo do máis aló» no Teatro Municipal de Tui

Un espectáculo musico-teatral é o que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. O público poderá gozar dende ás 18:30 h con 'A nena e o grilo máis aló', a última entrega de 'A nena e o grilo' o musical infantil galego que presenta novas aventuras dos seus protagonistas.

Gonzalo Caballero afirma na Guarda que a aposta pola sanidade pública será a súa “principal bandeira”

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, comprometeu hoxe que a defensa da sanidade pública será “a principal bandeira dos consellos da Xunta despois do 5 de abril cun goberno progresista”. Así o dixo nunha visita ao concello da Guarda, onde participou xunto co alcalde, Antonio Lomba, na concentración para reclamar o reforzo dos servizos sanitarios e a fin do “desmantelamento” da sanidade pública.

Concello e adegueiros comezan a preparación dunha nova edición da Feira do Viño do Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse a semana pasada con representantes dos adegueiros e adegueiras da contorna para comezar a traballar de forma conxunta na vindeira Feira do Viño do Rosal, que este ano 2020 celebra a súa XXVIII edición. Durante o encontro comezaron a sentarse as bases para introducir e implantar melloras nesta festa de interese turístico.

Víctor Arufe, “A primeira clave para unha boa educación radica na actitude coa que afrontamos a vida”

“Non é nada doado educar na sociedade actual, superficial, dividida e enfrontada, cambiante, tecnolóxica, normalizadora e na que prima non esforzarse e a inmediatez”. Para Víctor Arufe, protagonista da terceira xornada da V Semana da Educación de Tomiño, é nesta idea onde radica unha das claves para unha boa educación hoxe en día, unha educación que debe ten os seus piares na sociedade, na escola e na familia.