Venres, 2 Maio de 2025

O Baixo Miño

A Biblioteca Municipal de Tui premiada no concurso María Moliner do Ministerio de Cultura 

Este prestixioso concurso, promovido polo Ministerio de Cultura, premia os mellores proxectos dirixidos a toda a veciñanza

Tui celebra o Samaín cun roteiro nocturno

O concello de Tui organiza esta actividade para o próximo xoves, 31 de outubro

A Guarda reduce durante o mes de xullo as visitas guiadas ao Monte Trega: novos horarios

A medida, explican dende o Concello, vén derivada da "indisposición" dunha das persoas que se encargaba de facer as guías

A Deputación destina preto de 12.000 para melloras no campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal do Rosal

 Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega para o Concello do Rosal de preto de 12.000 euros, cos que poderá adquirir novas porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal e que complementan outros preto de 34.000 euros que concedeu tamén a institución provincial para situar un videomarcador neste último recinto.

O rueiro do Rosal terá nome de muller

No Rosal, as mulleres tomarán as rúas... e o rueiro. O alumnado de 4º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou o Concello cunha importante proposta baixo o brazo: que a igualdade chegue ao mapa de rúas do municipio. Tras facer o ano pasado un estudo sobre as rúas e edificios do Rosal, a rapazada detectou que sempre se usaban nomes masculinos, agás no caso de María Zambrano.

Espazo Crianza, un ano de aprendizaxe e apoio para as familias do Rosal

Fin de curso por todo o alto do Espazo Crianza. O Rosal celebrou unha exitosa tarde de convivencia e lecer con todas as persoas participantes no Espazo Crianza, un lugar de encontro posto en marcha polo concello para acompañar a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses na crianza de nenos e nenas.

A IV Mostra de Cinema do Rosal estrea os seus premios ás mellores curtametraxes

Butacas e flocos de millo listos para celebrar a IV Mostra de Cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración co Concello que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atolar nos circuítos habituais. Este ano a mostra celebrarase do 7 ao 11 de agosto nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras con proxeccións como sempre de balde e moitas novidades. 

O Rosal visto dende o alto coa nova andaina interpretativa ata o Niño do Corvo

O Concello do Rosal segue achegando cada recuncho do municipio coas súas andainas interpretativas, pequenos percorridos pola contorna para descubrir e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e natural dun xeito ameno, sinxelo e divertido.

A Festa da Crianza do Rosal desafiou ao mal tempo cun grande éxito de acollida

Grandísimo éxito de acollida da Festa da Crianza de Xoaninhas Crianza Respetuosa, que reuniu na área recreativa das Aceñas a nenos, nenas e maiores para celebrar un día en familia. As e os participantes desafiaron ao mal tempo para gozar dunha xornada chea de actividades e que contou tamén coa presenza de postos de artesanía e comida, así como do grupo local de apoio a Palestina, a cooperativa Miudinho e a Escola Semente de Vigo.

A XXXII Feira do Viño do Rosal chega con máis horas de enoloxía e lecer

A Feira do Viño do Rosalprepárase para celebrar a súa 32 edición cunha morea de actividades para todos os públicos e con máis horas que nunca. Do 12 ao 14 de xullo a Praza do Calvario aglutinará boa parte da actividade dunha feira que de novo maridará a enoloxía coa música, actividades para desfrutar en familia, exposicións e actividades didácticas, gastronomía e moita diversión co sector vitivinícola como eixo central.

‘Eureka Reto Rural’ propón descubrir “o pasado xudeo que envolve a Tui”

Tui prepárase para acoller o terceiro desafío de ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño co que coñecer o territorio a través de xogos de escapismo temáticos, dixitais e ao aire libre. Unha emocionante aventura polas rúas do centro histórico da vila coa que todas e todos os participantes poderán coñecer o pasado xudeu e as curiosidades da comunidade xudía que viviu en Tui durante o século XI.

Paco Nogueiras con Extra! achega unha nova actividade de animación á lectura na Biblioteca de Tui

Paco Nogueiras actuará hoxe martes, 21 de maio, ás 18.30 na Biblioteca Pública Municipal de Tui nunha novas actividade de animación á lectura dirixidas aos rapaces e rapazas dende 5 a 10 anos. Este evento forma parte daprogramación de “Tui en letras” que promove a concellería de Ensino, Cultura e Mocidade.