Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O tudense David Fernández Pérez, proclámase campión de España 2020 na modalidade Enduro

A Escola de Ciclismo A.D. AVANZA está de celebración co campionato de España Junior conseguido por David Fernández Pérez. O corredor da A.D.AVANZA desprazábase ata o Pirineo Aragonés como un mais dos sete seleccionados pola Federación Galega de Ciclismo, para participar no campionato de España de Enduro, sendo esta a primeira modalidade que pon os seus títulos estatais en xogo neste 2020.

Unha veciña de Tomiño foi asistida tras resultar ferida cunha máquina de espigas

Recibíuse o aviso de que os servizos sanitarios de urxencia atenderon o sábado pola tarde a unha muller que resultou ferida mentres manexaba unha máquina de espigas, en Tomiño. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa ferida foi liberada polos familiares ao quedarlle atrapada unha man na máquina.

A Consellería de Sanidade establece medidas restritivas pola COVID-19 no concello do Rosal

A Consellería e Sanidade, decidiu onte establecer medidas restritivas no concello do Rosal ao igual que o fixo nos de A Guarda, Lalín, Vilaboa e Poio. A medida adoptouse logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.

Aberto o prazo de inscrición para o Taller de Inmersión á repostería sefardí

A concellería de Turismo do Concello de Tui oferta, dentro do programa de actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un taller de inmersión á repostería sefardí. Correrá a cargo de Abigail Cohen, propietaria da única pastelaría con obradoiro artesanal de pastas xudías existente en España, a Pastelería 'La Candela' en Hervás.

O Concello adxudica a elaboración dun plan de acción para o clima e a enerxía sostible

O Concello continúa no seu camiño para implantar no Rosal un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Despois de realizar unha auditoría enerxética na que se avaliou tanto o consumo da iluminación pública exterior como do conxunto de instalacións municipais, o Concello vén de adxudicar o contrato para a redacción do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). O obxectivo deste documento é identificar oportunidades e ámbitos sobre os que actuar para conseguir unha redución do CO2 no municipio.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 25 e sábado 26 de setembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 25 e sábado día 26 de setembro. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 25 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 26 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

A homenaxe aos heroes e heroínas da crise sanitaria pecha O Alivio 2020

O Alivio chega á súa recta final. Este sábado 12 de setembro a Praza do Seixo acollera o peche das festas co tradicional acto cívico e cun concerto da Banda de Música de Goián. A tarde arrancará ás 20.00 horas cunha sentida homenaxe a todas as persoas que durante a crise sanitaria colaboraron de forma activa na loita contra a COVID-19, a todos os colectivos e a toda a veciñanza que converteron o municipio nun exemplo de unidade e solidariedade durante unha situación excepcional.

Sanidade declara A Guarda zona con especiais restriccións por motivo do COVID-19

A Consellería de Sanidade estableceu esta mañá medidas restrictivas logo da reunión do subcomité clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. As medidas entrarán en vigor a partir as 00:00 h do sábado 12 de setembro. Estas medidas serán revisadas no prázo máximo dunha semana.

Tomiño investiu máis de 60.000 euros en melloras nos centros escolares

Os centros escolares de Tomiño xa están para a volta ao cole. O Concello investiu máis de 60.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria que se levaron a cabo durante os meses de verán. Estas obras foron xestionadas de maneira coordinada pola concelleira de Educación, Cristina Martínez, e o concelleiro de Obras, Alexandre Pérez, e responden a actuacións solicitadas e consensuadas previamente coas direccións de todos os centros escolares. Estas obras “van encamiñadas a colaborar nunha progresiva modernización tecnolóxica das aulas a un maior benestar do alumnado”.

A Deputación pon en marcha un programa de actividades ecoturísticas para achegar visitantes ao territorio transfronterizo do Miño

Nun acto á beira do río o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, acompañado das alcaldesas de Tomiño, Sandra González; do Rosal, Ánxela Fernández; e de Salvaterra Marta Valcárcel; e os alcaldes de As Neves Xosé Manuel Rodríguez; de Tui, Enrique Cabaleiro; e de A Guarda Antonio Lomba, presentou onte as actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ que a Deputación de Pontevedra está a realizar para potenciar o territorio transfronteirizo do río Miño baixo o lema ‘Dous países, un destino’.

Esta fin de semana continúan as actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía na Eurocidade Tui – Valença

Esta fin de semana a Eurocidade Tui - Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.

No Alivio como na casa este venres 11 con AcevedosDelgados

A programación especial do Alivio continúa este venres 11 con moita música. Será a de AcevedosDelgados, un grupo tomiñés que se subirá ao escenario para ‘contar’ cancións que os marcaron de algunha forma e tocar temas propios cos que sorprender e facer desfrutar ao público.