Esta fin de semana a Eurocidade Tui – Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.
O programa abrangue diversas visitas que por mor das prescricións sanitarias derivadas da COVID-19, consisten nunha explicación detallada de diversos aspectos relacionados coa presenza xudía, tanto en época medieval como nos séculos XVI e XVII. Posteriormente os asistentes poderán realizar unha visita auto guiada polo patrimonio xudeu conservado en ambas localidades. Terán a súa disposición as guías editadas por ambos municipios. No caso de Tui, as persoas poderán guiarse, ben a través dos códigos QR nos carteis que marcan a ruta xudía por Tui ou a través da APP de turismo de Tui. Existe a posibilidade de seguir a ruta con Google Maps (turismotui.mobi).
Actividades para esta fin de semana ( 12 e 13 de setembro)
Sábado 12
- Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Os prateiros xudeus e criptoxudeus na Catedral de Tui. Correrá a cargo historiador José Ramón Fernández.
- Ás 18.00 hora española no Largo Sta. María dos Anjos en Valença: concerto de música sefardí con Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano e harmonio). De seguido terá lugar a visita ao Patrimonio judaico en Valença.
Domingo 13
- Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Colección de Sambenitos da Catedral, a cargo do historiador Rafael Sánchez.
RUTAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍS: BACALLAU NOS RESTAURANTES DE TUI E VALENÇA. DO 5 AO 18 DE SETEMBRO
A programación tamén consta dunha ampla oferta gastronómica nos establecementos de hostalaría e restauración de Valença e Tui, arredor do bacallau. Unha oportunidade de degustar esta especialidade gastronómica relacionada coa presenza sefardí, na cultura peninsular.
Valença
- Churrasqueira Valenciana
- Baluarte
- Bom Jesus
- Fatum – Casa de Fados
- Portas da Coroada – Fortaleza
- Fortaleza I
- Fortaleza II
- Muralha
- Pousada S. Teotónio
- Limoeiro
Tui
- Alboio: en empanada
- Ideas peregrinas: tosta con bacallau
- Parador de Tui: bacallau con broa
- El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado
- Jaqueyvi: á brasa
- Tapas e viños: ensalada con bacallau
- La de José Luís: encebolado
- El Molino: á portuguesa e tamén empanada
- Puro Sabor: ó forno e empanada
- Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén
- empanada
- Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños
- Santiamén: asado con cebola
- A Macoca: ó forno
- Pote: ensalada de bacallau e á galega
- Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada
- Monte Aloia: á brasa e ó forno
- Cruceiro do Monte: á portuguesa
- A vaca tola: tosta de bacallau
- Época: á prancha estilo Época e ensalada templada de bacallau
- afumado
- Arrayal 39: á brasa e á galega
- Asador Paulo: á brasa
Finalmente, continúa aberta a exposición de paneis dedicada a un dos máis egrexios tudenses vinculados á cultura sefardí, o médico e filósofo Francisco Sánchez. A mostra “As rutas sefardís: Francisco Sánchez” poderá visitarse no Museo Diocesano de Tui, até o 20 de setembro.
A integración de Tui na Red de Juderías de España no 2019, ofrece a nosa cidade unha excepcional oportunidade para proxectar esta oferta patrimonial e turística vinculada ao patrimonio xudeu, un dos máis ricos do noroeste peninsular.