15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño investiu máis de 60.000 euros en melloras nos centros escolares

    Tomiño investiu máis de 60.000 euros en melloras nos centros escolares

    As reformas de maior envergadura realizáronse nas unitarias do CRA Mestre Manuel Garcés

    Os centros escolares de Tomiño xa están para a volta ao cole. O Concello investiu máis de 60.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria que se levaron a cabo durante os meses de verán. Estas obras foron xestionadas de maneira coordinada pola concelleira de Educación, Cristina Martínez, e o concelleiro de Obras, Alexandre Pérez, e responden a actuacións solicitadas e consensuadas previamente coas direccións de todos os centros escolares. Estas obras “van encamiñadas a colaborar nunha progresiva modernización tecnolóxica das aulas a un maior benestar do alumnado”.

    Nesta ocasión, os traballos de maior envergadura realizáronse nas unitarias do CRA Manuel Mestre Garcés, onde se investiron máis de 20.000 euros. Así, en Vilachán arranxouse a Aula de Psicomotricidade, reparouse a estrutura metálica e pintado exterior, reformáronse os baños da planta baixa, pintáronse o interior das aulas e cambiouse a iluminación para seguir camiñando cara un maior aforro enerxético.

    Mentras, na unitaria de Barro pintouse o interior, arranxouse o teito da galería de entrada e cambiouse a iluminación; na de Carregal arranxouse o piso de entrada exterior da saída traseira; en Estás arranxouse o parque de xogos; en Figueiró pintouse o interior e cambiouse a iluminación e en Vilameán remodelouse a zona de lecer, co arranxo das instalacións xa existentes e a colocación de novos xogos. Ademais dotuse de deshumidificadores a todas as unitarias do CRA.

    O Concello tamén realizou importantes reformas este verán nos centros de Primaria, como o arranxo de canlóns e cubertas en todos eles, obras nas que se investiron máis de 24.000 euros. No CEP Pedro Caselles arranxáronse chan dos baños do ximnasio e modificouse a altura dos urinarios; amañáronse as tubaxes dos baños, revisáronse billas, duchas…; instalouse aula de informática, con mobiliario, pintado e cambio de iluminación; mellorouse a aula matinal con armarios, pintado, iluminación, mobiliario e outros; e fixéronse varias reparacións na cuberta e no canlón.

    Pola súa banda, no CEIP de Barrantes camboiuse o chan na aula de música, en Sobrada instalouse unha zona de xogos e en Tebra arranxáronse os baños do pavillón, pintouse biblioteca e dirección e creouse unha zona de xogos exterior. No CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián cambiáronse as cisternas en Infantil e estanse a levar a cabo os traballos de acondicionamento interior e da ampliación do patio en 1.000 metros, xunto co posterior peche. Con estas obras incorpórase ao patio un fermoso bosque de carballos do que poderán desfrutar os nenos e nenas.

    Os dous centros da Galiña Azul do municipio tamén foros reformados. Ademais da protección de madeira exterior nas dúas escolas, na de Goián reparouse o lavalouzas e instalouse un timbre e na de Tomiño colocáronse andeis de almacén; pintáronse aulas, oficina e portas; colocáronse cadeiras de oficina e para atención ao público; e instaláronse fontanería, desaugadoiros e electricidade para a colocación dunha lavadora e secadora, entre outros traballos. O investimento total en todas estas obras de mellora ascendeu a arredor de 6.000 euros.

    Por outro lado, o Concello colocou andeis para a ANPA do IES Antón Alonso Ríos.

    En todos estes centros revisáronse as instalacións de electricidade, fontanería e carpintería; limpáronse e desbrozáronse patios, hortas e areeiros e limpáronse canlóns e cubertas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.