Xoves, 3 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño conta xa con WIFI de balde na praza do Seixo

Os veciños e veciñas de Tomiño que visiten a praza do Seixo ou o campo da Feira xa poden conectarse de balde á rede WIFI de alta velocidade “WIFI4EU”, que vén de ser activada.

Remata con éxito o obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VI na Guarda

No mes de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que participaron un total de 20 persoas que veñen de acadar un certificado de profesionalidade.

O Concello da Guarda advirte da presenza da Procesionaria do piñeiro e chama a extremar as precaucións coas crianzas

O Concello da Guarda vén de avisar á cidadanía sobre a proliferación da procesionaria do piñeiro e chama a extremar as precaucións tanto cos nenos e nenas coma cos animais domésticos xa que pode provocar fortes reaccións alérxicas.

O Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado municipal

O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado, xa que “unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O cinema pecha a programación de novembro no Teatro Municipal

Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase hoxe a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal.

O grupo Helen & Shanna actúa na Praza do Reló da Guarda o vindeiro 5 de decembro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura que xestiona Montserrat Magallanes, retoma o proxecto 'Música nos Xardíns', paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

O Concello de Oia aproba no pleno o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

O Concello de Oia xa conta co seu propio Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.

‘Bernarda’, a catro veces galardoada nos premios María Casares, interpretada este sábado en Tomiño

O vindeiro sábado 28 de novembro ás 20:30 horas representarase no Auditorio de Goián a obra teatral ‘Bernarda’, unha exquisita peza que vén de recibir catro galardóns nos XXIV Premios de Teatro María Casares outorgados recentemente. A obra está encadrada dentro da programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A Guarda leva a Pleno este venres a proposta de Alcaldía de aprobación do Plan polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O pasado luns día 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) fixo a presentación deste proxecto, no que participaron os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas.

O Rosal aproba o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

O Concello do Rosal aprobará en pleno hoxe xoves 26 de novembro (08.30 h) o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que recolle unha serie de medidas concretas coas que dar un pulo decisivo na loita municipal contra o cambio climático e continuar traballando para reducir as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro no concello nun 40% de aquí ao ano 2030.

O PSOE da Guarda reafírmase na súa loita contra as violencias machistas

“Como cada 25 de novembro, o PSdeG-PSOE súmase á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia contra as mulleres. Neste 2020 cúmprense 20 anos da designación desta data pola Organización das Nacións Unidas, e como cada un deles queremos mostrar o noso apoio a tódalas vítimas: ás mulleres asasinadas, aos seus fillos e fillas orfos; ás súas familias e amizades. Compartimos a súa dor, a súa desolación e seguiremos loitando contra violencia machista” declarou a secretaria xeral do PSOE da Guarda, Montse Magallanes, na presentación dunha moción contra a violencia de xénero que se debatirá en Pleno este venres.

Tomiño aproba no pleno municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

Esta semana o Concello de Tomiño aprobou co voto a favor de toda a corporación municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un conxunto de accións que definirá a estratexia do municipio á hora de enfrontarse ao problema do cambio climático.