12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO cinema pecha a programación de novembro no Teatro Municipal

    O cinema pecha a programación de novembro no Teatro Municipal

    Hoxe ás 19.30 h proxectarase “Arima” de Jaione Camborda

    Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase hoxe a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui.  A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal. A capacidade está reducida a 30 espectadores segundo o establecido pola Consellería de Sanidade na orde do 4 de novembro de 2020.

    O filme recibiu o Premio á Mellor Dirección ‘Las Nuevas Olas’ no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes. Está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera.

    Achéganos a historia de catro mulleres e unha nena cuxa vida se ve alterada pola inesperada chegada de dous forasteiros á aldea. O filme transita entre o real e o imaxinario, entre o pesadelo e o soño relata unha historia chea de misterio.

    As entradas de balde poden reservarse en tui.gal. A película chega a Tui da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Reserva de entradas

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.