No pleno ordinario deste venres día 26 de marzo aprobáronse por unanimidade as bases reguladoras da liña de axudas directas aos establecementos afectados pola Covid-19 por un importe total de 55.000€. Estas axudas están destinadas aos establecementos afectados polo peche obrigatorio decretado pola Xunta de Galicia con data de 26 de xaneiro de 2021.
O pleno do Concello do Rosal aprobou este xoves en pleno a realización dun estudo para a posta en marcha de novo do mercado de San Miguel, que tras a reforma feita hai uns anos continúa sen actividade algunha e en total desuso. Para esta reactivación, o Concello realizará un estudo de campo e de viabilidade sobre as utilidades deste mercado “situado nunha contorna moi particular e que merece recuperar a actividade que tivo hai tempo adaptándoa á realidade actual e ás necesidades da veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
O Concello de Tomiño vén de conseguir do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), dúas axudas cofinanciadas polo Fondo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia, co obxectivo de acometer dous proxectos de enerxía fotovoltaica; un na propia Casa do Concello e outro no edificio multiusos que alberga a Escola Municipal de Música, en Goián.
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha unha nova edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo organizado ao abeiro da Escola Eurural que ten por obxectivo achegar valor engadido a produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima do territorio en produtos de gran calidade e á súa conservación para a posterior comercialización.
O Concello porá en marcha para esta Semana Santa rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón, un percorrido de 3,5 km por unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo no que as persoas participante coñecerán a historia e os diferentes recunchos de estes muíños singulares construídos en cascada da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, apelou aos valores propios do Camiño de Santiago e dos peregrinos “para facer que Galicia sexa cada día máis grande e teña máis futuro” durante o acto de inauguración do Monumento da Vieira de Tui, impulsado pola asociación de comerciantes Acitui e que quedou emprazado en plena Praza de Galicia da vila tudense.
A Xunta de Galicia vai ofertar 354 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.
O pasado mércores 24 marzo celebrouse no Auditorio Mar de Vigo a Gala Anual da Deputación de Pontevedra onde foron nomeados aos sete restaurantes Estrela Michelin da provincia como embaixadores de Rías Baixas.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, acaba de licitar as obras de restauración e rehabilitación da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, orientadas a corrixir as humidades e favorecer o seu mantemento e estética, por un importe de 829.000€.
Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación. A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404. Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.
Ser voluntario ou voluntaria da OMIX de Tomiño, a partir de agora, terá premio. A Oficina Municipal de Información Xuvenil leva moitos anos a traballar no eido do voluntariado local e europeo, promovendo centos de actividades con mozos e mozas da vila en numerosos ámbitos.
O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.