13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoSer voluntaria ou voluntario en Tomiño, agora ten premio

    Ser voluntaria ou voluntario en Tomiño, agora ten premio

    Entre os requisitos para obter a acreditación figuran estar participando nalgún programa municipal dende hai, polo menos, seis meses

    Ser voluntario ou voluntaria da OMIX de Tomiño, a partir de agora, terá premio. A Oficina Municipal de Información Xuvenil leva moitos anos a traballar no eido do voluntariado local e europeo, promovendo centos de actividades con mozos e mozas da vila en numerosos ámbitos.

    Pois ben, agora, a OMIX de Tomiño crea, no ámbito do territorio do concello, o CARNÉ DE VOLUNTARIADO, podendo acceder ao mesmo as persoas voluntarias do programa municipal de voluntariado que o soliciten e cumpran certos requisitos. A expedición do carné –explica a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez- ten unha triple función: acreditar á mocidade voluntaria o exercicio das tarefas que lle foron encomendadas; materializar o recoñecemento e valoración social da acción voluntaria, e dar acceso ás persoas que posúan a nova acreditación a unha serie de bonificacións ou reducións de prezos nalgúns servizos municipais e, proximamente, no uso de servizos e compras no ámbito privado.

    Entre os requisitos para acceder ao carné de voluntariado, figuran estar realizando de xeito activo algún tipo de voluntariado enmarcado nun programa ou proxecto municipal, cunha antigüidade mínima de seis meses, e estar dado/a de alta como voluntario/a.

    Dende a oficina de información xuvenil informan da ampla PROGRAMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2021 con numerosas e diversas actividades, entre as que mozas e mozos poden elixir participar, segundo as súas preferencias.

    • Realización dunha campaña de promoción do voluntariado local e europeo, a través dun vídeo que dará a coñecer os programas de voluntariado en Tomiño e en Europa, nos que a mocidade pode participar de xeito gratuíto e cunha chea de vantaxes.
    • Realización dunha gravación individual para a presentación orixinal nas redes sociais de cada voluntario/a cunha frase relacionada co voluntariado e outra animando á mocidade a unirse.
    • Organización dunha xornada online de formación sobre o CORPO EUROPEO DE SOLIDARIEDADE.
    • Actividades e obradoiros para conmemorar o 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado a Xela Arias.
    • PROXECTO “FORON TEMPOS”: creación e transcrición  dun fondo sonoro/vídeos con entrevistas á xente do municipio para a recollida do patrimonio oral.
    • Campaña de promoción do voluntariado local e europeo nos pasos de peóns do concello, coa creación de frases curtas informativas e innovadoras.
    • Continuación da celebración de efemérides tras o éxito da mesa redonda VECIÑAS NA CIENCIA onde se conmemorou o día da muller e a nena na ciencia. A vindeira data destacable será o 3 DE XULLO, Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico. Recolleremos nas nosas redes sociais palabras e frases relacionadas co medio ambiente e o voluntariado para serigrafiar en bolsas de tea que se repartirán nun stand, aproveitando para facer unha campaña de información e captación de mocidade voluntaria
    • Campaña de adopción de animais nas redes. Cadaquén presenta ao seu can/gato, cun eslogan que fomente a adopción e frase positiva. Visibilizaremos ás protectoras de animais da zona e colaboraremos na recolecta de alimentos e materiais para os amigos felinos e caninos.
    • Proxecto PONTES DE PAPEL: trátase dun proxecto de intercambio de  cartas manuscritas entre mocidade de todos os continentes unida por aspectos en común, sobre diversas temáticas.
    • Curso de podcásting destinado ao grupo de voluntariado co gallo de involucrarse e crear/ofertar un programa radiofónico na RADIO MOCIDADE do Concello de Tomiño.
    • TI máis EU: #somosnós: acompañamento telefónico semanal a persoas maiores que viven soas ou en situación de dependencia, que carecen ou teñen unha moi limitada rede social relacional que cubra as súas necesidades afectivas, no medio domiciliario, residencial ou hospitalario.
    • Club de Lectura: levado a cabo por parte do grupo de voluntariado. Trátase da lectura de libros que recollan diferentes temáticas de interese para a adolescencia. Foméntase o uso da lingua galega, a lectura e o pensamento crítico.

    Dende a OMIX explican que dende o ano 2003 a oficina está dada de alta como ENTIDADE DE ACCIÓN VOLUNTARIA pertencente á Xunta de Galicia. Polo mesmo, salientan a importancia de ser voluntario ou voluntaria, para o que só é necesario cubrir un contrato de voluntariado e aportar unha copia do DNI.

    “Hai millóns de motivos polos que facer voluntariado: sentirte útil, crear lazos coa túa comunidade, poñer a proba as túas capacidades, aprender das persoas que te rodean, mellorar a túa autoestima, convertirte en axente de cambio, protexer a natureza, pasalo ben”, apuntan. Para máis información só é preciso contactar coa OMIX DE TOMIÑO (omix@tomino.gal).

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS