No pleno ordinario deste venres día 26 de marzo aprobáronse por unanimidade as bases reguladoras da liña de axudas directas aos establecementos afectados pola Covid-19 por un importe total de 55.000€. Estas axudas están destinadas aos establecementos afectados polo peche obrigatorio decretado pola Xunta de Galicia con data de 26 de xaneiro de 2021.
Estas axudas están destinadas ao pagamento de gastos de funcionamento das empresas coma arrendamento, electricidade, cuotas de autónomos, seguros, etc. Se establece unha contía máxima de 700€ por establecemento/empresa.
As empresas afectadas por este peche poderán solicitar as axudas en canto se publiquen no Boletín Oficial da Provincia(BOPPO).
A Guarda destina o 1% do seu presuposto anual a axudas ás empresas para gastos derivados da covid.
Durante as pasadas semanas estivo aberta a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos se beneficiasen das axudas directas que lles podan axudar a sufragar todos aqueles gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección, etc. Arestora estas
Os empresarios e empresarias da vila contan cunha nova convocatoria de axudas, que arestora se atopa en proceso de tramitación e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e que cumpran os requisitos de participación.
Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son:
- A redución na taxa do lixo para negocios.
- A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.
- Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.
- Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local.
- A creación da plataforma de venda online www.mercanaguarda.com
- Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes.
- Publicación de listados de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento.
- Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listados actualizados de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio. – Publicación de listados actualizados dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.