Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Xunta crea unha nova unidade de Educación Infantil no colexio de Caldelas de Tui

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai proceder á conversión da escola de Educación Primaria de Caldelas de Tui nun CEIP coa creación dunha nova unidade de Educación Infantil que permitirá concentrar os espazos lectivos desta parroquia tudense.

Iníciase o prazo de solicitude da 2ª liña de axudas do Concello da Guarda para paliar o impacto da Covid-19

Desde o inicio da pandemia o Concello leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise.

Comezan os traballos previos para a construción da pasarela peonil e a senda do Louro en Tui

O Concello de Tui iniciou esta semana os labores de retirada dos elementos existentes na finca afectada pola construción dunha pasarela sobre o río Louro. Estes traballos comezaron tras a sinatura das actas de ocupación para poder por a dispor da Confederación Hidrográfica do Miño Sil os terreos libres de cargas.

O Monte Trega inicia as visitas regulares guiadas

O vindeiro xoves día 17 de xuño arrancan na Guarda as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que terán lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.

Voluntariado, vertidos ou xestión de incendios, entre os temas tratados no Consello Municipal de Medio Ambiente do Rosal

O Concello do Rosal continúa dándolle pulo á participación cidadá, nesta ocasión dentro do seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Esta semana celebrouse a segunda reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente.

A lírica e a radio fusiónanse no IES Antón Alonso Ríos en Tomiño

A radio pode ser unha ferramenta excelente para a divulgación da poesía entre o estudantado e iso é algo que teñen moi claro no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Desde o ano 2018, as instalacións da radio municipal Radio Mocidade foron trasladadas ao centro educativo co fin de aproveitar o seu uso para actividades académicas e educativas.

Rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro de Tui

Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade. Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 euros, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra.

Comeza o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal

O Concello do Rosal arranca a vindeira semana o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais da na zona costeira do Rosal, unha problemática que aínda que depende de Augas de Galicia, preocupa moito ao Goberno municipal por como afecta a todos os veciños e veciñas. Un equipo técnico especializado percorrerá os barrios de Portecelo e San Xián os días 16 e 17 de xuño de 09:00 h a 19:00 horas para realizar o estudo de avaliación e ter unha visión clara da realidade.

Cambio climático, contaminación mariña e enerxía centran hoxe as actividades do programa do Día Mundial do Medio Ambiente en Tui

Hoxe venres, 11 de xuño, Tui da continuidade aos os actos organizados para celebrar o Día Mundial de Medio Ambiente, que comezaron a semana pasada. A Sala Municipal de Exposicións acollerá o programa de actividades previsto que contará coa inauguración da mostra 'Adaptación: a outra cara do cambio climático' e unha charla obradoiro e proxección dun documental dentro da actividade 'Enerxía e Clima'.

Tomiño habilita un formulario para inscribirse na verbena piloto do próximo 19 de xuño

O Concello de Tomiño vén de habilitar un formulario na súa páxina web para que poidan inscribirse as persoas interesadas en participar na verbena piloto prevista para o sábado 19 de xuño.

Conmemórase o Centenario da Biblioteca Circulante da Pro-Monte na Guarda

En xuño de 1921, nove anos despois da súa fundación, a Sociedade Pro-Monte Santa Tecla (1912-1979) creará a primeira biblioteca pública da Guarda, con sede no local do museo arqueolóxico que inaugurara en 1917 no centro da vila.

Tomiño busca solucións naturais para reducir a calor do verán nas aulas das escolas infantís

Tomiño busca solucións naturais para problemas derivados das condicións meteorolóxicas e os seus efectos nos edificios da vila. É o caso das dúas escolas infantís Galiña Azul coas que conta o municipio; unha no Seixo (Tomiño centro) e outra en Goián (segunda parroquia máis habitada do concello), e que suman un centenar de prazas de 0 a 3 anos.