20.5 C
Pontevedra
Xoves, 9 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaConmemórase o Centenario da Biblioteca Circulante da Pro-Monte na Guarda

    Conmemórase o Centenario da Biblioteca Circulante da Pro-Monte na Guarda

    Un relatorio de J.Miguel Villa no Centro Cultural o vindeiro 18 de xuño dará a coñecer os pormenores desta institución

    En xuño de 1921, nove anos despois da súa fundación, a Sociedade Pro-Monte Santa Tecla (1912-1979) creará a primeira biblioteca pública da Guarda, con sede no local do museo arqueolóxico que inaugurara en 1917 no centro da vila.

    A Pro-Monte prestaba así un servizo máis á sociedade guardesa da época poñendo ao alcance do público en xeral a lectura de diferentes obras, moitas delas de difícil acceso para a inmensa maioría da xente.

    Cen anos despois daquela iniciativa, compre lembrar este feito, dándoo a coñecer entre os veciños e salientando o firme propósito da Sociedade Promonte pola divulgación da cultura na vila da Guarda. Será da man do historiador J. Miguel Villa que poderemos coñecer o vindeiro venres 18 de xuño, ás 20,30h. no Centro Cultural, un pouco mais desta institución, cun relatorio que afondará no nacemento e traxectoria  desta institución ata que no 1939 cesou o seu funcionamento.

    Como en todos os eventos culturais, a actividade ten aforo limitado polo que é preciso anotarse previamente no Centro Cultural indicando nome completo, teléfono de contacto e acompañantes: centrocultural@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.