12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Xunta crea unha nova unidade de Educación Infantil no colexio de...

    A Xunta crea unha nova unidade de Educación Infantil no colexio de Caldelas de Tui

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai proceder á conversión da escola de Educación Primaria de Caldelas de Tui nun CEIP coa creación dunha nova unidade de Educación Infantil que permitirá concentrar os espazos lectivos desta parroquia tudense.

    O xefe territorial, César Pérez, concretou esta actuación nunha visita realizada ao centro xunto coa súa xunta directiva, representantes da Anpa e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e anunciou o investimento de 40.000 euros para adaptar e ampliar os espazos necesarios.

    “Ata a data en Caldelas de Tui funciona unha escola unitaria e un Centro de Educación Primaria (CEP), pero atendemos unha demanda das comunidades educativas e das nais e pais para centralizar todas estas etapas formativas nun só centro, o que facilitará o transporte, a loxística e incluso o ritmo escolar, para o cal imos converter o actual colexio nun CEIP”, explicaron dende a Consellería de Educación.

    Deste xeito, o centro vai ampliar a súa matrícula dende o vindeiro curso académico 2021/2022 coa incorporación dunha vintena de alumnos procedentes da unitaria desta mesma parroquia.

    Para permitir esta unificación, consensuada con todas as partes afectadas, vaise realizar unha obra durante este verán que consistirá na habilitación dunha aula e dos servizos anexos necesarios para dar acollida aos novos estudantes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.