8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiComezan os traballos previos para a construción da pasarela peonil e a...

    Comezan os traballos previos para a construción da pasarela peonil e a senda do Louro en Tui

    Trátase da materialización dun proxecto longamente demandado que permitirá camiñar á beira do río dende o Paseo Fluvial até Caldelas.Trátase da materialización dun proxecto longamente demandado que permitirá camiñar á beira do río dende o Paseo Fluvial até Caldelas.

    O Concello de Tui iniciou esta semana os labores de retirada dos elementos existentes na finca afectada pola construción dunha pasarela sobre o río Louro. Estes traballos comezaron tras a sinatura das actas de ocupación para poder por a dispor da Confederación Hidrográfica do Miño Sil os terreos libres de cargas.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, achegáronse esta semana á zona para, xunto cos técnicos, titulares da propiedade e coa empresa contratada, revisar o estaquillado que marca a aliñación da zona na  que se debe retirar a plantación que ocupa o ámbito de actuación por onde transcorrerá o acceso á pasarela. O prazo previsto de execución destas obras é de 15 días.

    Debido á execución destes traballos, por seguridade, está cortado o acceso dende o Camiño Sierpes a altura da praia da Metralla. Por este motivo dende o concello de Tui  solicítase a colaboración veciñal  respectando os sinais de prohibido o paso.

    Dende o Concello de Tui agradécese á Confederación Hidrográfica o compromiso e a colaboración para poder sacar adiante este proxecto, longamente demandado, que se materializou co convenio asinado en 2020 para a execución da pasarela e da ponte.  

    Con esta actuación o Concello de Tui continua apostando pola mellora das súas sendas, non só recuperando proxectos que quedaban pendentes, senón desenvolvendo novos proxectos, como o que se atopa nestes momentos en tramites de finalizar o procedemento de contratación como é a mellora no acceso á praia de Areeiros.

    A pretensión por parte do Concello de Tui, é que antes de finalizar este 2021, todos os tudenses e visitantes poidan gozar dunha senda peonil que vaia desde a praia da Metralla até Caldelas.

    En outubro do 2007, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a través da Dirección Xeral de sustentabilidade da Costa e do Mar, adxudicou a Asistencia Técnica para a Redacción do Proxecto “Senda Litoral do Río Miño” que abarcaba a unión a través dunha senda peonil polo litoral, a unión dos Concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda.

    En 2013, solicitouse, por primeira vez á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a asistencia técnica para a redacción do proxecto da construción dunha pasarela que permitiría unir a zona da Metralla coa praia de Areeiros en Guillarei, salvando o obstáculo do río Louro na súa desembocadura co Miño.

    En 2020 asinouse un convenio no que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil se compromete á construción dunha pasarela de madeira, cun deseño que cause o menor impacto visual e de acorde coa contorna no que se empraza. A Confederación farase cargo do 70% do proxecto de execución, mentres que o 30% restante será asumido polo Concello de Tui ascendendo o seu importe a 69.000 euros, xunto co compromiso de asumir posteriormente o mantemento e conservación das obras.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.