Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O Servizo de Orientación para o Emprego xestionou no primeiro semestre do ano preto de 200 ofertas de emprego

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui xestionou no primeiro semestre deste ano 200 ofertas de emprego. Na Bolsa de Emprego Municipal posta en marcha neste 2021 inscribíronse 91 persoas das que 27 se incorporaron ao mercado laboral a través da xestión das ofertas realizadas dende este departamento municipal, que ten a súa sede no Centro Municipal de Formación, en Guillarei.

O Rosal denuncia a imposibilidade de pedir cita médica, un novo paso no desmantelamento do servizo de Atención Primaria

O Rosal continúa a denunciar novos pasos que afondan na precariedade que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio, que sufre un progresivo desmantelamento dende hai tempo agravado dende o inicio da actual situación sanitaria. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública asegura que nestes intres é imposible pedir cita médica para acudir ao centro de saúde rosaleiro, xa que Sergas e Xunta non están a substituír ao persoal de baixa ou de vacacións.

Cine familiar e concertos de música de banda e de rock en Tomiño

O verán cultural de Tomiño segue desenvolvéndose con éxito. O ciclo de cine ao aire libre, propón para este venres "O bosque animado", na Praza do Seixo ás 22.30 horas e para todos os públicos.

A Guarda entrega os Premios de Educación 2020-21

O Concello da Guarda ven de entregar os Premios de Educación 2020-21, unha iniciativa que se realizou co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.

Oia acolle o obradoiro de teatro veciñal adaptado ás circunstancias sanitarias

O obradoiro de teatro veciñal de Oia volve este ano cun formato adaptado ás circunstancias derivadas da COVID-19. Grupos reducidos e representacións en espazos onde se poidan delimitar os correspondentes aforos son algunhas das novidades que incorpora a iniciativa deste ano.

O Concello do Rosal remata as obras de mellora nun tramo da estrada do Camiño do Río nas Eiras

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de mellora do asfaltado e do firme dun tramo do Camiño do Río, en San Bartolomeu das Eiras, unha estrada que comunica a zona da ribeira entre Eiras e Tabagón e dá acceso á propia praia das Eiras.

A Deputación manifesta o seu apoio ao proxecto do acceso sur do porto da Guarda

A Deputación de Pontevedra expresou hoxe o seu apoio ao Concello da Guarda no proxecto da variante do acceso sur do Porto como o mellor trazado posible para unha obra clave no desenvolvemento da vila do Baixo Miño.

As artes de rúa conquistan a Eurocidade Tui-Valença esta fin de semana

As artes de rúa conquistan esta fin de semana a Eurocidade Tui-Valença coa primeira edición do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença. Dende este venres, 23 de xullo, ao domingo 25 de xullo, haberá un total de 24 espectáculos para público familiar no Jardim Municipal, no Jardim das Amoreiras e no Governo Miitar en Valença e na praza do Concello, o Paseo da Corredoira e o Paseo Fluvial de Tui.

A maxia de Leilía e o son tradicional dos Carunchos, este sábado 24 no Rosal

A axenda cultural de verán regresa esta fin de semana ao Rosal cunha cita dobre. Este sábado 24 de xullo a Praza do Calvario acollerá dous concertos nos que a maxia e a música tradicional camiñarán da man.

A Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia chega este xoves ao Museo do Mar no marco do ciclo O País das Bandas

O Museo do Mar de Galicia acolle este xoves o concerto da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia, no marco do ciclo O País das Bandas promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Continúa con grande éxito as sesións de “Teatro no Trega” cos Quinquilláns na Guarda

O Concello da Guarda continúa coa experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns, as primeiras sesións foron un éxito e este mércores día 21 terá lugar a terceira sesión.

O libro “Páxinas da Guarda” preséntase este xoves

O vindeiro xoves día 22 de xullo ás 20:00h a Casa dos Alonso acolle a presentación do Libro “Páxinas da Guarda”.