Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda vibrou coa música de “A Guarda Mar de Blues”

A pasada fin de semana a Praza do Reló da Guarda foi o escenario para a primeira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, co cal A Guarda quixo ampliar o seu interese turístico cultural.

O PSOE de Tomiño denuncia a falta de transparencia nas actuacions do goberno nacionalista

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa volveron a demandar, no último pleno celebrado o pasado 12 de xullo, que se poñan en marcha os acordos aprobados por unanimidade no mes de novembro, a raíz dunha moción socialista, referentes a unha maior transparencia das sesións plenarias.

O alcalde da Guarda reúnese cos traballadores de IKF

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo durante esta semana conversas cos traballadores e a dirección da empresa IKF para coñecer de primeira man os motivos do desencontro entre ambas partes e que motivaron a rotura das negociacións sobre un novo pacto.

O Mercado do Rosal apúntase ás novas tecnoloxías e estrea páxina web

O Rosal ten un mercado municipal do século XXI, tamén na súa forma de comunicarse coa veciñanza. O mercado estrea páxina web cun deseño atractivo, limpo e intuitivo que permitirá á veciñanza estar informados de todo o que acontece na praza de abastos. Na web dáse prioridade á imaxe das renovadas instalacións e a os cinco postos que nestes intres están a desenvolver a súa actividade económica no recinto.

Presentación do libro “Páxinas da Guarda”

O pasado día xoves día 22 de xullo, a Casa dos Alonsos acolleu a presentación do Libro “Páxinas da Guarda”, un libro que nace durante o confinamento coa idea de facer unha selección que abarcase a historia da Guarda e da Comarca.

Comeza o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Hoxe venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música...

Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño

Apresentada pela Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, a boa prática “Cerveira-Tomiño: um espaço naturalmente comum e verdadeiramente europeu” venceu a categoria “Diferenciação, Inovação e Criatividade” do Prémio Autárquico «Aristides de Sousa Mendes e outros salvadores portugueses – Holocausto, Valores Universais, Humanismo e Justiça».

‘Cocreando Sociedade’ comeza a dar forma a novas iniciativas para un O Rosal máis inclusivo

‘Cocreando Sociedade’ avanza a bo ritmo e xa está a dar forma a novas iniciativas que permitan facer do Rosal un municipio máis inclusivo.

Tomiño pon a punto os campos de fútbol do municipio para a nova tempada

O Concello de Tomiño comezou nestes días obras de mellora no Campo de Fútbol do Regatiño de Goián, consistentes principalmente na substitución do céspede artificial, que conta xa con 15 anos de antigüidade, e na reposición de varios asentos das gradas, que se atopan deteriorados.

A proba 15K Atlántico Banco Mediolanum abre o prazo de inscrición

Xa están abertas as inscricións para a 15 K Atlántico Banco Mediolanum que se disputará o vindeiro día 3 de outubro. A participación está limitada a un máximo de 500 prazas, que son as dispoñibles debido ao ríxido control sanitario que se aplica na proba.

Aberta a reserva de entradas para o I Festival Internacional de Artes de Rúa

Dende o mediodía de onte está xa dispoñible a reserva de entradas para os espectáculos que esta fin de semana se celebrarán na Eurocidade Tui-Valença, no marco do I Festival Internacional de Artes de Rúa.

O Servizo de Orientación para o Emprego xestionou no primeiro semestre do ano preto de 200 ofertas de emprego

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui xestionou no primeiro semestre deste ano 200 ofertas de emprego. Na Bolsa de Emprego Municipal posta en marcha neste 2021 inscribíronse 91 persoas das que 27 se incorporaron ao mercado laboral a través da xestión das ofertas realizadas dende este departamento municipal, que ten a súa sede no Centro Municipal de Formación, en Guillarei.