13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoCine familiar e concertos de música de banda e de rock en...

    Cine familiar e concertos de música de banda e de rock en Tomiño

    O venres haberá máis cine na Praza do Seixo, con O Bosque Animado, e o martes 27, concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura no auditorio da fortaleza de Goián

    O verán cultural de Tomiño segue desenvolvéndose con éxito. O ciclo de cine ao aire libre, propón para este venres “O bosque animado”, na Praza do Seixo ás 22.30 horas e para todos os públicos.

    No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño veciño: o poste.

    Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala. Primeira longametraxe con animación 3D de Europa.

    Por outra banda, A Escola do Rock de Paredes de Coura, actuará en concerto o martes 27 de xullo no auditorio do Espazo Fortaleza de Goián.

    A 1ª parte do concerto (40 minutos) comezará ás 20 horas e estará a cargo dun conxunto da Agrupación Musical del Goián, recaendo a segunda parte na Escola do Rock Paredes de Coura, que actuará durante 60 minutos a partir das 21.00 horas.

    Nadaen 2014 do icónico festival da mesma vila portuguesa, a escola organiza todos os anos un tour con concertos reunindo no escenario a alumnado e profesorado. Organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Concello de Tomiño, este singular espectáculo é para todo público, con entrada de balde.

    É preciso reservar as entradas, tanto para o cine ao aire libre, como para o concerto, chamando ao 986622001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.