Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda pecha o mes de agosto cunha fin de semana cargada de música

Este venres día 27 de agosto dará comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán músicos e bandas xa coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charrans, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.

A reforma da praza do Calvario do Rosal obtén a subvención Ágora da Deputación coa máxima puntuación en varios puntos da convocatoria

A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención Ágora da Deputación de Pontevedra. O proxecto presentado polo Concello obtivo a máxima puntuación en varios puntos da convocatoria, e foi o terceiro que recibiu máis puntos entre os 31 municipios que recibiron a axuda.

A Xunta de Galicia segue evitando afrontar os problemas sanitarios da Guarda

Nun clima de crispación xeneralizado da cidadanía ante un evidente deterioro da Atención Primaria, puidera puidera parecer que A Guarda non é máis que outro municipio que se suma ás reclamacións, tan xustas como necesarias, de unha sanidade digna para a súa veciñanza. Pero, se se analiza con máis detemento, chégase á conclusión que o municipio ten unhas características particulares, determinadas pola súa propia situación xeográfica, que fan moito máis evidentes esas carencias sanitarias e, como consecuencia, moito máis perigosas.

Volve a música aos Xardíns do Centro Cultural da Guarda

Este venres día 27 de agosto dará comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Últimos días para inscribirse no obradoiro de teatro veciñal de Oia

O obradoiro de teatro veciñal de Oia mantén aberto ata final de mes o prazo de inscrición para a súa edición deste ano.

O CDG e a CTB presentan en Caldelas “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”

A ribeira de Caldelas acollerá este venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” coa historia das disputas e a unión final de dous pobos escrita hai 350 anos por Gabriel Feixoo de Arauxo.

Oia realizará unha ruta de sendeirismo que unirá as parroquias de Burgueira e Loureza

O Concello de Oia vén de contratar a realización dunha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km que unirá diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

Tomiño mellora a eficiencia enerxética do edificio do mercado de Goián

O Concello de Tomiño está a desenvolver a rehabilitación enerxética do edificio Usos Múltiples e mercado de Goián (o segundo núcleo urbano do municipio), grazas a unha axuda do IDAE.

Éxito de participación no I Torneo de Petanca Concello da Guarda

O pasado sábado día 21 de agosto de 2021 o Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición do Torneo de Petanca Concello da Guarda.

Preto de medio centenar de artistas medíronse no 9º Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández

Os premios do 9º Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, celebrado o domingo en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal), estiveron moi disputados.

O ciclismo volverá rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias

As bicicletas volverán rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias, que se levará a cabo o vindeiro sábado 28 de agosto en Tabagón. Máis dun centenar de deportistas das categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, e cadetes, competirán nunha proba federada de “relevancia no Circuíto Galego”.

O II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho chegou a pasada fin de semana

A pasada semana celebrouse o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que unha vez máis constituíuse coma un espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita.