“Hai que crer no que aprende, ese é o éxito do que ensina”. Así de contundente amosouse o docente, escritor e investigador especializado en Educación e Matemática José Antonio Fernández Bravo na inauguración este luns no auditorio de Goián da VII Semana da Educación de Tomiño.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade. Para iso, organizou recentemente, entre outras accións, un concurso co fin de plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo o que é a OMIX de Tomiño para a xente usuaria.
O Concello da Guarda informa de que este ano 2022 realizarase, sempre que a situación sanitaria así o permita, o tradicional Desfile do martes de Entroido, que terá lugar o día 1 de marzo de 2022.
O Rosal continúa traballando para facer “do noso municipio un lugar accesible para todos e para todas”. Así o asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que este luns participou nun encontro técnico do proxecto Cocreando Sociedade co ámbito do Benestar do Concello rosaleiro para continuar avanzando en novas accións a realizar durante todo este ano 2022.
A Xunta de Galicia vén de rematar a mellora de pistas interiores na parroquia de Mougás, no Concello de Oia, cun investimento de 52.000 euros que estivo cofinanciado ao abeiro da orde de axudas para a modernización de infraestruturas de uso público.
A estrea da obra “As que limpan” de A Panadaría Teatro prevista inicialmente para este venres, 11 de febreiro, vén de ser adiada para o venres 18 deste mes debido a problemas de saúde das actrices da compañía.
O Concello de Tui recupera con motivo de San Valentín a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” que se puxo en marcha no ano 2020 con dobre obxectivo. Por unha banda a dinamización comercial da cidade pero tamén a súa promoción turística.
O Concello de Tui considera de vital importancia o cambio na delimitación como tramo urbano da N-551 en Areas o que convertera este treito de estrada en zona urbana, e permitirá o crecemento do municipio nesta zona coa construción de empresas, espazos comercias e vivendas ao reducirse de 50 a 25 metros a afección.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de remitir no día de onte, venres 4 de febreiro, unha carta ao conselleiro responsable do Xacobeo vistas as informacións que aparecron onte nos medios de comunicación en relación a un presunto recoñecemento por parte das autoridades portuguesas de que o “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.
Tomiño quenta motores para celebrar a sétima edición da xa tradicional Semana da Educación, que este ano volve a formato presencial. Baixo o lema ‘TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade’, o auditorio de Goián acollerá do 7 ao 10 de febreiro (19.00 h) estas xornadas dirixidas tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que procuren formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación.
O Concello de Tui recibiu hai uns días un bonsai de Oliveira coa lenda “Lembra as túas raíces” agasallo da Red de Juderías – Camiño de Sefarad, da que Tui forma parte dende 2019, xunto a outras vinte cidades españolas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.