Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda súmase este sábado á “hora do planeta” apagando a luz de varias rúas e prazas

O Concello da Guarda súmase este sábado 26 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente.

Uns 30.000 quilos de alimentos, resultado do Zampakilos Solidario, a primeira Operación Quilo do ano

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recadou uns 30.000 quilos de comida no Zampakilos Solidario, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski e que supuxo a primeira Operación Quilo deste 2022.

O Rosal continúa ‘Educando en familia’ para acadar unha sociedade igualitaria

O Concello do Rosal continúa este venres 25 de marzo co seu programa ‘Educando en familia’, un espazo creado para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día da crianza.

O libro “Palmeiras, piueiros” de Anxo Angueira presentarase en formato conversas musicalizadas na Guarda

O vindeiro sábado día 26 de marzo a Praza de Avelino Vicente da Guarda será o escenario para un evento literario/musical no cal Anxo Angueira e Xoaquín Cadilla manterán unha conversa sobre o libro “Palmeiras, piueiros”.

A Xunta remata a creación de accesos e a mellora de lavadoiros en Oia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de rematar a creación de accesos peonís e a mellora integral dos lavadoiros de Torroña e Bonaval, no Concello de Oia, cun investimento de 36.000 euros financiado, ao 85%, cunha achega da orde de infraestruturas turísticas para municipios de ata 10.000 habitantes.

Aberta a pre-inscrición para acceder ás escolas infantís de Tomiño e Goián

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás 2 escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos de Tomiño (O Seixo e Goián), o único concello da comarca que conta con 2 centros de educación infantil públicos.

A música protagoniza o proxecto educativo “Benjamín de Sefarad” en 2022

A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España.

A Xunta leva ao IES Alonso Ríos de Tomiño a campaña formativa sobre o uso seguro do tractor

A Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver actividades formativas en centros de Formación Profesional das catro provincias para concienciar sobre o uso seguro do tractor.

Continúa a oferta de actividades da Omix da Guarda con obradoiros de Lettering e Comunicación

A Omix da Guarda informa da ampliación do prazo de inscricións do obradoiro de música e canto moderno para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso.

Oia acolle o VIII Trail Desafío do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios

No día de onte tivo lugar o VIII TRAIL DESAFÍO DE OIA, nunha paraxe espectacular e, tras un ano no que non se puido realizar tal e como se fixo ata a data por motivos relacionados coa Covid, este ano volveron ás orixes.

Tomiño celebra os días do bosque e da árbore entregando plantas forestais autóctonas

Hoxe luns 21 de marzo, con motivo do Día dos Bosques, e ata o 28 de xuño, Día da Árbore, o Concello de Tomiño lanzará a campaña “Enche o teu monte de vida autóctona”;

O Mercado de Tomiño estrea un novo servizo de recollida de pedidos polas tardes

Comprar no Mercado Municipal de Tomiño é cada día máis fácil. O vindeiro martes 22 de marzo, a praza de abastos estreará un novo servizo de recollida de pedidos polas tardes que permitirá á veciñanza facer as súas compras pola mañá de forma telefónica e acudir ao mercado para retirala fóra do horario de apertura dos establecementos.