Sábado, 5 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda moderniza o Mercado de Abastos grazas ao Plan Concellos

O Mercado de Abastos da Guarda loce xa o seu renovado aspecto despois das obras de reforma levadas a cabo para dotalo de maior luminosidade e seguridade e coas que tamén gañou un novo espazo de lecer na terraza, dentro do obxectivo do Concello de seguir potenciando este espazo municipal.

A Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

“Esta Semana Santa… Tuiristea” é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa.

Oia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias de Burgueira e Loureza

O Concello de Oia vén de crear unha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km e dificultade moderada (350 metros de desnivel positivo) que une diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

O Rosal prepara xa a I Festa do Asociacionismo

O Rosal quere render homenaxe ao seu tecido asociativo, un dos eixos fundamentais do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello está xa a preparar a I Festa do Asociacionismo.

Novas axudas do Plan Concellos a Gondomar, Baiona e Oia

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa

O Concello da Guarda prepárase para a Semana Santa coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito nestas datas.

O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Hoxe mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.

Chega ao auditorio do Rosal ‘A herdanza’, a quinta longametraxe do Grupo San Roquiño

Cine para todos os públicos esta fin de semana no Rosal. O vindeiro domingo 10 o auditorio municipal acolle a proxección de ‘A herdanza’, a última longametraxe do Grupo San Roquiño, unha película filmada nos anos 2019 e 2020 con moito humor e con máis de 40 actores e actrices en escena.

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa do 11 ao 13 de abril

O Concello de Oia organiza un campamento infantil os próximos días 11, 12 e 13 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa.

O autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, Cóidome” organizado polo CIM da Guarda

O Concello da Guarda a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro “Quérome, cóidome” dirixido a mulleres maiores de 55 anos.

O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína

O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína, un concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello coa que se procurará seguir achegando toda a solidariedade posible ás persoas que sofren as múltiples consecuencias dos ataques a diversas cidades ucraínas e o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso no país.

Tomiño busca un deseño atractivo para a camiseta das Lestras Galegas 2022

Un ano máis a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e literatura galega.