14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario...

    O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína

    Organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello, será o sábado 9 ás 20 h no auditorio municipal

    O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína, un concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello coa que se procurará seguir achegando toda a solidariedade posible ás persoas que sofren as múltiples consecuencias dos ataques a diversas cidades ucraínas e o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso no país.

    O festival celebrarase o vindeiro sábado 9 de abril ás 20.00 horas no auditorio municipal do Rosal e contará coas actuacións do alumnado de Iniciación e Linguaxe Musical da agrupación, da Minibanda, da Banda Infantil, do Coro Infantil e da Coral.

    As entradas terán un custe de 2 euros e estarán á venda pola porta lateral do auditorio municipal. Ademais, todas as persoas interesadas en colaborar pero que non poida asistir ao concerto poderán mercar a súa entrada Fila 0 ou facer doazóns no seguinte número de conta:

    ABANCA ES34 2080 5439 3030 0011 1318

    Todos os fondos recadados serán a beneficio da Cruza Vermella. Para máis información, as persoas interesadas poderán poñerse en contacto vía telefónica a través do 986 626 311 ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 609 866 792.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.