22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, Cóidome”...

    O autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, Cóidome” organizado polo CIM da Guarda

    O Concello  da Guarda a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro “Quérome, cóidome” dirixido a mulleres maiores de 55 anos. Trátase dunha actividade de carácter práctico onde as participantes traballarán o autocoidado persoal durante as nove sesións de duración da actividade.

    Traballaranse aspectos como o fortalecemento da autoestima, a toma de consciencia da súa valía, necesidades, habilidades e limitacións para afrontar o día a día máis seguras de si mesmas, máis empoderadas. As sesións serán dinámicas e abarcaran o autocoidado emocional, físico e o ocio e o tempo de lecer. Abrirase un espazo para compartir as experiencias e inquedanzas das mulleres traballando a igualdade de xeito transversal.

    Os obradoiros serán os martes en A Gándara de 16:00 a 17:00, Camposancos de 17:30 a 18:30 e en Salcidos de 19:00 a 20:00. Para inscribirse hai que poñerse en contacto co CIM da Guarda no teléfono 986 614 648 ou no correo muller@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.