Martes, 1 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Concello de Tomiño celebra o Día “Quere o teu Mercado” cun showcooking

Este sábado 28 de maio celébrase o día internacional "Quere o teu mercado", unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, fomentando na cidadanía o consumo de produtos locais e, no caso das institucións, tratando de garantir que os mercados se manteñan como espazos cheos de vida e lugares de encontro para a sociedade.

Esta fin de semana será o #mayosolidario do Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará 15 voluntarios este venres e sábado, 27 e 28 de maio, para participar no #mayosolidario organizado, por décimo ano consecutivo, por parte do supermercado Gadis.

Tomiño acolle o vindeiro sábado a 3ª etapa do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

O Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño) acolle o vindeiro sábado, 28 de maio, a 3ª etapa do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica.

Degusta Europa chega á Praza de Abastos da Guarda o vindeiro martes

Un ano máis a Deputación de Pontevedra celebra o Día de Europa, no que se conmemora a “Declaración de Schuman” asinada en 1950, lanzando o exitoso programa “Degusta Europa”, unha actividade que se desenvolverá entre este xoves 12 e o día 31 nos mercados locais de O Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda.

Melloras na Estación de bombeo de Tamuxe e o Regulamento Xeral de Subvencións buscan aprobación no pleno ordinario do Rosal

Concello do Rosal leva a Pleno Ordinario a aprobación de dúas propostas de relevancia. A primeira delas é a modificación de crédito orzamentario para a implementación de melloras na Estación de Augas Residuais de Tamuxe, a planta de bombeo principal do concello do Rosal.

Concello de Oia e Galicia Ambiental conciencian sobre os perigos das especies invasoras

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia están a desenvolver estes días unha serie de actividades conxuntas co obxectivo de concienciar á poboación sobre o problema das especies invasoras, especialmente no que respecta á herba da pampa (Cortaderia selloana).

A Guarda acolle este xoves a presentación do libro “Unha etapa estelar e conflitiva da Galiza”

O vindeiro xoves día 26 de maio de 2022 terá lugar na Guarda a presentación do último libro de Francisco Rodríguez, “Unha Etapa Estelar e Conflitiva do Reino de Galiza”.

O programa Educando en Familia volve esta semana cunha nova charla sobre a importancia da linguaxe na aprendizaxe

O programa ‘Educando en familia’, posto en marcha polo Concello do Rosal, continúa achegando ferramentas prácticas para a vida cotiá das familias.

A aula CeMIT de Tomiño impartirá este verán cursos de balde para estudantes

Durante os meses de xullo e agosto a aula CeMIT de Tomiño impartirá diferentes cursos de balde orientados á infancia e mocidade de entre 8 e 15 anos.

O Concello de Oia pon en marcha unha aula de novas tecnoloxías na antiga biblioteca

O Concello de Oia vén de reformar e mellorar o local do baixo do Consistorio que funcionaba como biblioteca co obxectivo de convertelo nun novo espazo dedicado ás novas tecnoloxías.

Dobre cita cultural na Guarda para o sábado 28 de maio

Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñen o broche á programación de maio.

A Guarda abre as inscricións do campamento urbano de verán o vindeiro 27 de maio

A partir do 27 de maio e ata o 10 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán.