10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaDobre cita cultural na Guarda para o sábado 28 de maio

    Dobre cita cultural na Guarda para o sábado 28 de maio

    Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñen o broche á programación de maio.

    Este sábado realizarase na Biblioteca Municipal o contacontos das Letras Galegas “Florencio nas Ondas”, a cargo da narradora Raquel Queizás, que tivo que adiarse da súa data orixinal por mor da choiva. Mediante a recreación dun antigo programa de radio descubriremos a vida de película deste personaxe, medio espía, medio fuxitivo, que contribuíu a dignificación de Galicia e a normalización da nosa fala nunha época escura.  O espectáculo apto para nenos a partir de 5 anos, representarase na Biblioteca Municipal ás 12:00h, sendo preciso confirmar a asistencia previamente no Centro Cultural: centrocultural@aguarda.esou no teléfono 986611850 en horario de 16:00h. a 21:00h.

    O mesmo sábado á tardiña, ás 20:00h. o Centro Cultural acollerá unha nova obra teatral , neste caso a última proposta de Redrum Teatro: “#2Pilgrims”. A obra aborda o proceso de creación dunha obra teatral a cargo de dous recoñecidos actores como son Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, o Camiño de Santiago será a escusa ou detonante que os protagonistas atopen para iniciar a súa reflexión, na que os temas como a igualdade ou as novas masculinidades formarán parte das súas preocupacións principais.

    Esta obra, a decimo quinta da compañía – que xa estivo na Guarda con creacións como Noiteboa, Invisibles ou O Home con Lentes de pasta- está especialmente pensada para o público mais novo e incluso adolescente. A compañía quixo facer un esforzo por dirixirse á mocidade cunha comedia que conta con grandes doses de absurdo e que fai un cuestionamento crítico sobre o amor romántico, así como unha reflexión acerca do efecto das redes sociais nas relacións persoais.

    O acceso será de balde ate completar o aforo máximo do Salón de Actos, non sendo precisa a inscrición previa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.