Domingo, 11 Maio de 2025

Oia

Éxito da representación do obradoiro de teatro veciñal no Mosteiro de Oia

A representación do obradoiro de teatro veciñal de Oia celebrada este sábado colleitou un novo éxito de asistencia de público, que puido contemplar nesta terceira edición unha proposta novidosa.

A Xunta acomete a mellora viaria de Laxes de Arriba, no concello de Oia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de acometer a mellora viaria do lugar de Laxes de Arriba, no Concello de Oia, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) cun investimento de case 40.000 euros.

A Xunta colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Oia, cun investimento autonómico de 375.000 euros.

O proxecto “Do Mosteiro a Santiago” viaxa por Galicia para divulgar a súa experiencia

O proxecto “Do Mosteiro a Santiago”, unha iniciativa de Finca Moreiras organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa O teu Xacobeo, segue a dar pasos adiante nos seus obxectivos de unir a posta en valor do patrimonio, a promoción e difusión do cabalo de pura raza e a creación de oportunidades.

O Mosteiro de Oia acollerá a representación de teatro veciñal e mais artistas convidadas

Conta atrás para a representación a cargo do obradoiro de teatro veciñal de Oia, que este ano se desenvolverá no interior do Mosteiro de Oia.

Paseo guiado sobre as mulleres na historia do Arrabal, este domingo en Oia

O Concello de Oia organiza este domingo o paseo guiado 'As do Arrabal', unha visita ao barrio histórico que servirá para descubrir espazos femininos, coñecer algunhas figuras destacadas e visibilizar e recoñecer o papel xogado polas mulleres ao longo da historia local.

Este domingo, cita co Festival do Rei Sol no Cano dos Mouros (Viladesuso)

O Festival do Rei Sol volve este ano ao máxico lugar do Cano dos Mouros (Viladesuso) coas súas propostas culturais arredor do patrimonio, a música, a narración oral e o teatro. Durante toda a xornada deste domingo, 12 de setembro, poderase gozar de variadas actividades, tales como sendeirismo, visitas guiadas, contacontos, teatro e actuacións musicais.

A Xunta pon en valor a difusión arqueolóxica realizada polos participantes no campo de voluntariado de Oia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe os participantes no campo de voluntariado de Oia.

O Concello de Oia adquirirá varias parcelas nos arredores do Mosteiro

O Concello de Oia dá os primeiros pasos na súa aposta pola mellora da mobilidade no contorno do Mosteiro e o casco histórico do Arrabal mediante a adquisición de varios terreos situados nas inmediacións.

Representantes e usuarios das traídas veciñais de Oia viaxarán a Abegondo para coñecer as melloras no abastecemento autónomo

O Concello de Oia abre a inscrición para participar nunha viaxe a Abegondo dirixida a usuarios e representantes das traídas veciñais que hai no municipio, co obxectivo de coñecer polo miúdo as melloras en materia de abastecemento realizadas no antedito concello coruñés. A saída realizarase en autobús o próximo 7 de setembro, en horario de mañá (horario estimado: saída ás 8:15 h, chegada ás 15 h).

Abel Diego Acevedo, o “avó de Oia”, cumpre 100 anos

O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu 100 anos. Nado en Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira chegou ao seu centenario con moita ilusión e ganas de celebralo xunto aos seus seres queridos.

Últimos días para inscribirse no obradoiro de teatro veciñal de Oia

O obradoiro de teatro veciñal de Oia mantén aberto ata final de mes o prazo de inscrición para a súa edición deste ano.