8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaPaseo guiado sobre as mulleres na historia do Arrabal, este domingo en...

    Paseo guiado sobre as mulleres na historia do Arrabal, este domingo en Oia

    O Concello de Oia organiza este domingo o paseo guiado ‘As do Arrabal’, unha visita ao barrio histórico que servirá para descubrir espazos femininos, coñecer algunhas figuras destacadas e visibilizar e recoñecer o papel xogado polas mulleres ao longo da historia local.

    O paseo, a cargo dunha guía oficial, sairá ás 12.30 horas da Oficina de Turismo de Oia (Praza Centinela) e terá unha duración aproximada de 45 minutos. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou no teléfono 639 329 493 (para máis información pódese chamar ao Concello ao número 986 36 21 25).

    A visita guiada deste domingo forma parte do proxecto “6×6 Punto de encontro O Arrabal: O mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa ‘O teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia.

    A maiores da visita do domingo 19, a actividade central do ‘6×6 Punto de encontro’ desenvolverase o próximo 25 de setembro e consistirá nunha representación por parte do alumnado do obradoiro de teatro veciñal, que este ano estará acompañado de varias artistas convidadas. Nos próximos días avanzaranse os detalles relativos a esta representación, así como a forma de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.