Domingo, 14 Setembro de 2025

O Rosal

A Deputación realizará o estudo técnico para a reforma integral da estrada Tabagón-Goián

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do mandato, foi cualificada por Silva como “rápida, concreta e con decisións”. “Nótase que estamos a traballar entre mulleres”, remarcou.

O campamento de Nadal do Rosal amosou aos nenos e nenas as culturas do mundo

Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares.

A gala «Miñomáxico» pecha a programación de Nadal do Rosal

Este vindeiro sábado 11 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Concello do Rosal pechará a súa programación de Nadal e o fará co espectáculo 'Miñomáxico' no que Samuel Moreno encherá de tecnoloxía, música, humor e maxia o Auditorio Municipal do Rosal.

A comunidade educativa do CRA «María Zambrano» do Rosal colabora na remodelación da súa biblioteca

Esta pasada fin de semana, nais, pais e profesorado do CRA 'María Zambrano' do Rosal traballaron xuntos para instalar o mobiliario das novas instalacións na biblioteca que o centro escolar ten na escola de Tabagón. O 'María Zambrano' accedeu a unha axuda da fundación La Caixa para dotar de mobiliario e material escolar a unha aula multisensorial.

O Rosal fai pública as bases da «San Silvestre Solidaria»

O Concello do Rosal organiza a «San Silvestre Solidaria O Rosal» unha proba non competitiva cun obxectivo claramente solidario xa que as e os participantes poderán achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes que serán recollidos durante a proba por 'Conrazones e SOS Tomiño'.

O Rosal abre unha aula de estudo no Centro Social Polivalente

A partir do vindeiro luns, día 9 de decembro, o Centro Social Polivalente do Rosal contará cunha aula que dará servizo a aquelas persoas adultas que precisen dun lugar de estudo que reúna condicións axeitadas de tranquilidade e silencio. A aula está dotada de 10 mesas de estudo, wifi e un ordenador con acceso a internet e estará aberta polas tardes en horario de 16 h a 20 h.

O Rosal prepárase para dúas grandes citas co balonmán

Os vindeiros días 27 e 28 de decembro, o Rosal acollerá unha nova edición da xa tradicional Handball Cup O Rosal, que nesta edición do 2019 pasa a ser "un trofeo transfronteirizo" ao contarse coa participación do Andebol Caminha.

O Rosal acondiciona os parques infantís do Calvario e Pías

O Goberno do Rosal vén de realizar traballos de mellora nos parques infantís do Calvario e Pías, actuacións motivadas pola situación de deterioro no que se atopaban algúns dos xogos das anteditas áreas infantís.

Concello do Rosal e acuBam estudan camiños de colaboración para potenciar o sector agrícola

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez, mantiveron unha reunión de cara a establecer un primeiro contacto e falar de cuestións, problemáticas e retos concretos nos que deben traballar conxuntamente de cara a potenciar o sector do agro.

O Rosal abre a inscrición para participar no Campamento de Nadal

Dende o pasado luns, 25 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal que organiza o Concello do Rosal e que se desenvolverá nos meses de decembro e xaneiro de 8:45 h a 14:15 h.

O Rosal conta cun novo vehículo para a Policía Local

O Rosal conta xa cun novo vehículo de Policía Local para tarefas ambientais na súa flota. O vehículo, un Citroën C5 Aircross, súmase ao equipamento do Concello tras o corespondente proceso de licitación pública.

Obradoiros de «Afectividade e outras formas de querer» no CPI Suárez Marquier do Rosal

O xoves 7 de novembro comezou a desenvolverse no CPI Suárez Marquier do Rosal, o 'Obradoiro de afectividade', unha iniciativa impartida pola educadora familiar do Concello do Rosal e dirixida aos tres grupos de 2º da ESO. A este obradoiro engadirase o de 'Outras formas de querer' no que participarán os grupos de 1º da ESO