Sábado, 8 Febreiro de 2025

O Rosal prepárase para dúas grandes citas co balonmán

O 'Handball Cup O Rosal' e unha nova fase da Copa do Rei, converten ao municipio rosaleiro nun punto de atención preferente para os amantes deste deporte

Os vindeiros días 27 e 28 de decembro, o Rosal acollerá unha nova edición da xa tradicional Handball Cup O Rosal, que nesta edición do 2019 pasa a ser “un trofeo transfronteirizo” ao contarse coa participación do Andebol Caminha.

Serán dous días de balonmán de canteira no que participarán os nenos e nenas das categorías alevín, benxamín e infantil que poderán gozar, ademáis do deporte, de xornadas de convivencia entre todos eles e elas. Para iso, a organización ten preparadas unha serie de actividades paralelas ao propio trofeo.

Doutra banda, o Acanor Atlético Novás segue a facer historia e o día 17 de decembro ás 20:45 h, disputará o partido de ida dunha nova fase da ‘Copa do Rei’ no Rosal.

A formación rosaleira terá como rival nesta eliminatoria ao Ángel Ximenez Puente Genil, equipo no que, na pasada tempada, militaba o actual pivote do Acanor Atlético Novas, o internacional uruguayo Gaby Chaparro.