Domingo, 4 Maio de 2025

O Rosal

O Rosal contará cun renovado campo de fútbol da Mata

O Rosal traballa na renovación das infraestruturas municipais, para convertelas en lugares máis inclusivos, accesibles e eficientes.

Éxito de participación na Feira do Libro do Rosal

Grande éxito de participación e vendas na renovada edición da Feira do Libro do Rosal celebrada este ano despois de tres anos de parón por mor da pandemia.

‘Polo Correo do Vento’ chega ao Rosal para promover o galego

O Rosal recupera a súa memoria histórica cunha actividade lúdica, divertida e para toda a familia. O vindeiro domingo 7 de maio chega ao auditorio municipal ‘Misión biolóxica de Pontevedra’,

Moito humor para que a rapazada rosaleira aprenda a facer un bo uso da auga

O programa ‘Primavera na Praza’ continúa esta fin de semana no Rosal cunha nova actividade coa que “continuar compartindo espazos de lecer, de convivencia e de encontro social para gozar do noso concello”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Nova saída do grupo de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal

O Rosal organiza esta fin de semana unha nova saída do seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza, un encontro que “un impacto moi positivo no noso concello grazas ao seu labor e que nos permite ao mesmo tempo fomentar a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e dos espazos naturais nos que se goza de tempo de lecer”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita o Rosal o vindeiro 4 de maio

O Rosal prepárase para recibir un mes máis a visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS). O vindeiro xoves 4 de maio un autobús da entidade estará na rúa Ramón Franco, nº 4, fronte a Abanca, coas súas portas abertas de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

A sexualidade e a saúde integral feminina chega este xoves aos ‘Cafés en igualdade’ do Rosal

O Concello do Rosal ten todo listo para celebrar este xoves 27 de abril a cuarta sesión dos seus ‘Cafés en igualdade’, un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese e conversar como se se estivera cun grupo de amigas.

O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier coñece os segredos do funcionamento dun Concello

Achegar o funcionamento da administración local aos máis cativos. Ese era o obxectivo da visita realizada estes días por alumnado de 1º e 2º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier á Casa Consistorial rosaleira.

A Feira do Libro regresa renovada ao Rosal

A Feira do Libro regresa renovada ao Rosal tras tres anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

A primavera enche de actividade a Praza do Calvario no Rosal

Gozar da Praza do Calvario e de toda a súa contorna durante os vindeiros dous meses. Ese é un dos obxectivos co que nace ‘Primavera na Praza’, un programa de actividades posto en marcha polo Concello do Rosal que ata xuño aglutinará numerosos e variados eventos que atraerán a todos os públicos.

Roteiro para aprender a recoñecer a lingua das aves no Rosal

O Concello do Rosal organizará a finais deste mes o roteiro ‘A lingua das aves’, unha interesant4e ruta pola Senda de Pescadores e o río Tamuxe para aprender a identificar ás diferentes especies de paxaros que viven na contorna a través do seu canto.

Costas do Estado reconstruirá parte da senda que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións

A reconstrución do tramo da senda peonil que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións do pasado mes de xaneiro comezarán en breve.