Domingo, 11 Maio de 2025

A Guarda

A Guarda crea unha rede de apoio veciñal de acompañamento afectivo a distancia

Sabías que no teu barrio viven persoas maiores? É probable que leven días sen saír da casa e sen falar con ninguén... Coñeces a algunha persoa que poida necesitar axuda? Esas son as preguntas que hai detrás dunha iniciativa dos Servizos Sociais da Guarda para ofrecer unha atención persoalizada á veciñanza que viva soa ou a outros colectivos con necesidades.

A Guarda da conta do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado durante a emerxencia do COVID-19

O Concello da Guarda vén de dar a coñecer entre as veciñas e veciños o Plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia, coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

A Brilat colabora na desifección da ‘Residencia Monte Tecla’ da Guarda

As xestión realizadas polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitaron que o pasado venres 3 de abril, integrantes da Brilat trasladáranse á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Santa Tecla.

Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica. A situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, e o que busca esta iniciativa é "minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer".

A Guarda convida á veciñanza a tomar parte na iniciativa ‘Participa compartindo’

O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que, veciñas e veciñoas, poidan compartir as súas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir provocada pola crise sanitaria do COVID-19.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o luns 6 de abril

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o luns día 6 de abril. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro, ao Carón do Centro Cultural, en horario de 10:00 h ás 14:00 h e de 16:00 h ás 21:00 horas.

O Goberno da Guarda informa á Xunta de Portavoces das medidas adoptadas polo COVID-19

Na mañá do sábado día 28 de marzo o Salón de Plenos acolleu unha Xuntanza de Portavoces na que o alcalde, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, deron conta das diferentes medidas adoptadas polo COVID-19 no municipio, así como todas as accións para evitar novos contaxios e para a súa prevención

A Guarda invita á veciñanza a “sacar o investigador que levamos dentro”

O Concello de A Guarda, en estreita colaboración coa Deputación de Pontevedra, vén desenvolvendo durante os últimos anos un intenso traballo –un "traballo silencioso" o cualifican dende o Goberno local– en favor da conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do municipio. O confinamento obrigado pola crise do COVID-19 é un bo momento para compartir os resultados cos veciños e veciñas e axudar a facer máis doada a situación de confinamento.

A Guarda intensifica a desinfección de limpeza de espazos públicos

O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19. Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais.

A Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas fronte a alarma do coronavirus

Ante a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 e a situación de declaración de estado de alarma por parte do Goberno de España, estado que alongarase, en principio, ata o 11 de abril, o Concello da Guarda vén de adoptar unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos.

A Comisión de Seguimento do COVID-19 da Guarda intensifica as medidas para mellorar o servizo que se presta á veciñanza

A reunión da Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19, celebrada hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda, fixo unha valoración da situación dos primeiros días da crise. Logo do informe do alcalde, Antonio Lomba, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron a adopción de novas accións "para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma".

O Concello da Guarda informa sobre o DNI, selado do paro e certificados de empresa

O Concello da Guarda vén de publicar unha serie de folletos informativos con información de interese para a cidadanía, non só no que fai referencia a normas de prevención senón tamén no que fai referencia á tramitación de documentos como poden ser o DNI ou a demanda de emprego.