Xoves, 3 Xullo de 2025

A Guarda

A Campaña “AgresiónOff” chega este sábado á Guarda

A campaña 'AgresiónOff, eu digo non á violencia sexual', da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, ten como obxectivo previr e evitar as agresións sexuais contra as mulleres, especialmente en eventos que se desolvolvan en Galicia. Actualmente, por mor da COVID, as intervencións realízanse tamén noutro tipo de contextos.

A Guarda avanza na redacción do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles

O pasado luns día 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) fixo a presentación deste proxecto, no que participarán os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas que se realizarán próximamente.

Mulleres en Acción Violencia Zero trae á Guarda a acción “Reguetón” de Lúa Mosquetera

O vindeiro luns día 26 de outubro de 2020 ás 16:00h o Campo de fútbol da Sangriña acolle a acción “Reguetón” de Lúa Mosquera a través da Campaña da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.

Arden fornos e cámaras frigoríficas no interior dun supermercado na Guarda

Os equipos de extinción dan por finalizado un incendio declarado esta madrugada no interior dun supermercado na Guarda. Arderon fornos e cámaras frigoríficas dentro dun centro de transformación de subministro sen causar danos persoais.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 23 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 24 de 10:00h ás 15:00h.

Uso responsable do servizo municipal de recollida de voluminosos

O Concello da Guarda dispón dun servizo municipal de recollida de voluminosos porta a porta. A prestación deste servizo é totalmente de balde e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o traslado de aqueles residuos que polo seu peso ou volume, o posuidor non poida trasladar.

A Xunta remata a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do Concello da Guarda

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de rematar a execución dunha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do Concello da Guarda. Estas infraestruturas hidráulicas, que contaron cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, foron entregadas hoxe ao Concello da Guarda, que asumirá a súa titularidade e as respectivas tarefas de mantemento.

Curso organizado pola OMIX da Guarda: conversas en inglés para o mes de novembro

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés de duración dun mes, coa intención de facilitar un curso no que conversar, aprender ou practicar este idioma, sexa unha actividade divertida e amena.

Adrián Rodríguez e Eva Piñel gañan un Trail do Trega marcado pola feliz volta á competición da olímpica Julia Vaquero

O Trail do Trega coroou a Adrián Rodríguez, na categoría masculina, e a Eva Piñel, na feminina como gañadores da sétima edición da proba nunha xornada marcada pola recuperación para o mundo do atletismo de olímpica Julia Vaquero. As e os deportistas volveron demostrar na Guarda o seu compromiso coa competición amais de dar un exemplo de como realizar os protocolos sanitarios.

A exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas” pode verse na Casa dos Alonso até o 20 de outubro

Dende este venres día 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.

A Guarda organiza unha xornada de limpeza na costa en colaboración coa asociación ‘O Buxeiro’

O vindeiro domingo día 18 de outubro o Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación O Buxeiro, organizan unha xornada de limpeza da costa. A actividade ten como obxectivo tanto sensibilizar en materia de xestión de residuos, evitando que o lixo permaneza nos ecosistemas costeiros e se desprace duns ambientes a outros.

Trescentos deportistas tomarán a saída o domingo no VII Trail do Trega rodeados dun estrito protocolo de seguridade sanitaria

A Casa dos Alonsos, sede do Concello da Guarda, acolleu na mañá de hoxe a presentación da sétima edición do Trail da Guarda que terá lugar este vindeiro domingo, 11 de outubro, a partir das 10:30 horas. Trátase dunha proba emblemática e que se disputa, na súa totalidade, no marco incomparable que ofrece o monte Trega e que, este ano, é 'reinventada' de cara a facela segura e adaptada aos protocolos sanitarios sen que por iso perda nada da súa beleza e do seu carácter competitivo.