Xoves, 3 Xullo de 2025

A Guarda

O alcalde Antonio Lomba faise escoitar no Parlamento de Galicia

Nos últimos meses estase comprobando como a asistencia sanitaria na Guarda cada vez e máis precaria pasando de ter 8 profesionais a 4 na actualidade, que o mes que ven quedarán en 3. Con todo isto, xa se puxera en contacto o alcalde co anterior Conselleiro de Sanidade o señor Almuiña, que pensou que o ser da comarca entendería a situación e daríalle unha pronta solución, nada máis lonxe da realidade, posto que despois das últimas eleccións da Xunta de Galicia atopámonos conque un dos poucos Coselleiros que se cambian e o de Sanidade.

A Guarda apoia aos colectivos e asociacións do municipio con axudas por importe de 142.069 €

O Concello da Guarda ven de aprobar en sesión plenaria as subvencións nominais concedidas aos colectivos, asociacións e entidades de Fins Sociais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2020, por un importe total de 142.069 €. As axudas distribuiránse entre asociacións guardesas de carácter deportivo (83.209 €), culturais (39.200 €) e sociais (19.660 €).

A Guarda pon en marcha unha ampla e variada programación cultural para o outono

O Concello da Guarda vén de presentar unha ampla e variada programación de actividades culturais de cara a este outono e no que o teatro e os eventos deportivos, compartirán cartel con obradoiros, samaín, cantacontos, exposicións ou charlas, entre outras moitas iniciativas.

O alcalde da Guarda pide ao novo Conselleiro de Sanidade solucións para o seu Centro de Saúde

No día de hoxe, xoves 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza.

Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca o 24 de outubro. Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

A Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Guarda sae a licitación

Na sesión plenaria do pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta de alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas da licitación da Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Pasaxe en Camposancos (A Guarda).

Horario de inverno na rede de museos e na oficina municipal de Turismo da Guarda

Dende o vindeiro xoves día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno na rede de museos municipal e na oficina de turismo, co peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.

Proceso extraordinario para cubrir prazas vacantes na Escola Infantil Municipal da Guarda

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 28 de setembro 2020 un proceso extraordinario para cubrir as varias prazas vacantes para o curso escolar 2020-202

A Guarda inicia, o 26 de setembro, unha ampla programación teatral que rematará o 11 de decembro

O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras 'A nena que quería navegar', 'Invisibles', 'O mel non caduca', 'Rosa Caramelo' e 'Running', obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.

A Guarda retoma o mercadillo semana dos sábados ao completo

Este sábado día 25 de setembro o entorno da Alameda da Guarda acolle o mercadillo semanal, incorporando novamente a totalidade dos postos habituais unha...

Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: ·Do 26/11/2020 ao 04/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda) ·Do 09/12/2020 ao 09/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

Arrancan as obras de mellora da seguridade vial na Proba-Pintán

Esta semana iniciáronse os traballos de mellora da seguridade vial na estrada de Pintán, entre a rotonda da bisorca na VG-4.2 e o cruce coa estrada PO-353 na Proba. Estas obras, cun orzamento total de 48.292,15€, realízanse con cargo ao Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020.