Xoves, 10 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda inicia o procedemento de licitación das obras de Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña

O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña, cun orzamento de execución de 1 546 006,22 € sen IVE e cun prazo de execución de 8 meses.

88 empresas e autónomos da Guarda recibirán os 300€ da 2ª liña de axudas da Covid-19 do Concello

Desde o inicio da pandemia o Concello da Guarda leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos da Covid-19 nas actividades económicas da vila.

O Concello da Guarda realizará este ano o tradicional Desfile do martes de Entroido

O Concello da Guarda informa de que este ano 2022 realizarase, sempre que a situación sanitaria así o permita, o tradicional Desfile do martes de Entroido, que terá lugar o día 1 de marzo de 2022.

O alcalde da Guarda remite unha carta ao Conselleiro responsable do Xacobeo

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de remitir no día de onte, venres 4 de febreiro, unha carta ao conselleiro responsable do Xacobeo vistas as informacións que aparecron onte nos medios de comunicación en relación a un presunto recoñecemento por parte das autoridades portuguesas de que o “Camiño Portugués da Costa” pasa por Valença do Minho.

O Concello da Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

O Concello da Guarda súmase esta semana á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando a fachada da Casa do Concello na Praza do Reló.

O Concello da Guarda inicia a poda e revisión de especies arbóreas en parques públicos do municipio

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de iniciar os traballos de poda e revisión das especies arbóreas existentes nos diferentes parques públicos do municipio.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de febreiro

O vindeiro luns día 7 de febreiro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2022.

O Concello da Guarda contratará a 14 desempregados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación

O Concello da Guarda ven de recibir a concesión dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación dun total de 14 persoas desempregadas, grazas ao Plan de Obras e Servizos 2022 do ente provincial na súa liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

O Concello de A Guarda felicita a Anair Lomba pola súa traxectoria deportiva

O Concello da Guarda quere expresar publicamente os seus parabéns á deportista guardesa Anair Lomba 'Lombi', xogadora de fútbol feminino que ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional debido ás lesións que viña arrastrando dende fai un tempo nos seus xeonllos.

O Concello da Guarda dotará dunha zona de biosaudables á Portela en Salcidos

O Concello da Guarda dotará nos vindeiros días dunha nova zona de biosaudables que estará emprazada nunha parcela anexa á zona infantil e á zona polideportiva da Portela, na parroquia de Salcidos. Esta parcela, adquirida polo Concello da Guarda para o seu uso público, contará con preto dunha ducia de diferentes elementos de biosaudables.

A Guarda oferta tres novos obradoiros gratuítos para comercio, hostalaría e empresas

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta nos meses de febreiro e marzo tres obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio, hostalería e empresas. Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa no ano 2020 por mor da situación sanitaria.

O Concello licita a adecuación da planta baixo cuberta do edificio consistorial

O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de adecuación da planta baixo cuberta do edificio sede do Concello, cun orzamento de execución de 141 610,00 € sen IVE e cun prazo de execución de 60 días.