Martes, 8 Xullo de 2025

A Guarda

Éxito do “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”

Esta fin de semana, do 25,26 e 27 de novembro de 2022, tivo lugar o “I Raid Serra de Groba-Bodegas Marqués de Vizhoja”, que se celebrou polos concellos da Guarda, o Rosal, Santa María de Oia e Baiona.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 2 e sábado 3 de decembro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 2 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 3 de 10:15 h ás 15:00 h.

A Guarda celebra a Semana Europea da redución de residuos

O Concello da Guarda sabe que o ano que ven e un ano moi importante en canto a xestión dos residuos, e esta semana celebrase a nivel Europeo a Semana da Redución de Residuos por iso queremos deixarvos uns pequenos consellos para poder axudar o Medio Ambiente e reducir os residuos que xeramos no noso día a día.

O Concello da Guarda desminte ao xerente do camping Santa Tecla das acusacións de responsabilidade pola inundación nas súas instalacións

O camping Santa Tecla sufriu esta semana unha inundación que anegou o camping e que afectou ás instalacións do mesmo, as declaracións da xerencia do camping falan de metro e medio de fecais e pluviais e que isto se debeu a falla de mantemento do sistema de saneamento municipal.

O Concello da Guarda solicita fondos Next Generation EU para a reforma integral da piscina municipal

A piscina climatizada municipal da Guarda foi deseñada fai máis de 25 anos cuns criterios que pouco teñen que ver cos que se empregan hoxe en día para unha instalación deste tipo.

Dani Martínez e Diana Domínguez gañadores do Trail do Trega

Este domingo celebrábase no concello da Guarda a novena edición do Trail do Trega, unha proba deportiva con 16 quilómetros de percorridos de pura natureza patrimonial e paisaxística.

Restituirase a porta norte do castro Trega grazas ao proxecto Trega 2020+5

O Proxecto Trega 2020+5 elaborado entre Concello da Guarda e o Instituto de Historia do CSIC trata de desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral.

O día 21 de novembro inícianse na Guarda as actividades para conmemorar o 25N

Outro ano máis desde o Concello póñense en marcha varias accións para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero.

A Guarda oferta formación gratuita sobre o aproveitamento da resina natural con posibilidades de inserción laboral

Nestas xornadas que promove o Concello da Guarda, en colaboración coa empresa Laxes Ambiental SL (Oia, Pontevedra), que a día de hoxe é a empresa con maior produción de resina natural en Galiza, abordaranse temas como a historia da resina na nosa comunidade autónoma, rendibilidade, usos, métodos de extracción, ou estudos de calidade do produto obtido. Tamén incluirá unha xornada durante a que se realizarán unhas prácticas de campo.

O Trail do Trega chega este domingo á súa novena edición

Na xornada deste martes día 15 de novembro tiña lugara presentación da IX edición do Trail do Trega contando coa presenza de Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes; Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude e Serafín Acevedo, coordinador da proba deportiva.

A obra de teatro “As que limpan” chega ata A Guarda

O vindeiro xoves día 24 de novembro chegará ata A Guarda a que é sen dúbida a obra da temporada: “AS QUE LIMPAN”, última proposta da Compañía A Panadaría.

A nova biblioteca da Guarda máis preto de converterse nunha realidade

O Concello da Guarda vén de sacar a licitación pública as obras para o proxecto da nova Biblioteca Municipal, que estará situada nos baixos do Centro Cultural e contará con dous espazos diferenciados para diferentes tipos de públicos e usos.