12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaRestituirase a porta norte do castro Trega grazas ao proxecto Trega 2020+5

    Restituirase a porta norte do castro Trega grazas ao proxecto Trega 2020+5

    O Proxecto Trega 2020+5 elaborado entre Concello da Guarda e o Instituto de Historia do  CSIC trata de desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro do Trega a través dunha actuación integral. Así este proxecto desenvólvese en torno a tres eixos, recuperar  e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e afondar no coñecemento arqueolóxico do Trega coa finalidade de crear novos contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

    O proxecto, que  conta co respaldo  financeiro  do Padroado do Monte Trega e a autorización das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos, parte da iniciativa do  alcalde da localidade e Presidente do Padroado, Antonio Lomba. Esta primeira campaña dispón dunha financiación de 23.691,80 € aportada exclusivamente polo Padroado. Para o desenvolvemento do proxecto nos vindeiros anos espérase contar tamén co apoio da  Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, que xa foi convidada a formar parte do  mesmo.

    A reconstrución da porta norte do poboado implica unha grande complexidade técnica. Os traballos consistirán na reconstrución da muralla e a restitución do lintel que se atopa caído “in situ” xusto ao pe da porta. Esta actuación será levada a cabo pola empresa Terra Arqueos, que conta cunha longa experiencia en restauracións e consolidacións de castros, baixo a dirección de Miguel Ángel López Marcos, restaurador de gran prestixio internacional que ten dirixido proxectos como a reconstrución dos colosos de Memmón no Exipto. 

    Esta actuación contribuirá á valorización patrimonial do castro de Santa Trega como parte  dunha estratexia que aposta por potenciar o seu valor como recurso cultural e turístico, e tamén pola  súa relevancia científica no estudo das sociedades dos castros. Desde o Concello da Guarda e o CSIC confíase en que esta inversión impulse  moitas outras actuacións  nun dos maiores xacementos castrexos de todo o noroeste peninsular e un símbolo da cultura dos castros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.