16.7 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaDani Martínez e Diana Domínguez gañadores do Trail do Trega

    Dani Martínez e Diana Domínguez gañadores do Trail do Trega

    Este domingo celebrábase no concello da Guarda a novena edición do Trail do Trega, unha proba deportiva con 16 quilómetros de percorridos de pura natureza patrimonial e paisaxística nun dos emprazamentos máis espectaculares de Galicia e de todo o noroeste peninsular.

    A xornada non comezaba doada, xa que as abundantes precipitacións dos últimos días continuaron durante  realización da proba, o que, sumado a unha intensa néboa, adiantaban que o evento ía a ser moi duro para os máis de 300 participantes inscritos.

    Ás 10:30h daba comezo o trail e rapidamente os participantes puxeron un alto ritmo que perdurou ao longo da carreira, tanto na categoría masculina coma na feminina. Só con 2 quilómetros de percorrido o grupo de favoritos xa se atopaba en primeiros postos, a parella formada por Dani Martínez e José Manuel Gil adiantouse a un ritmo que non puideron seguir o resto de corredores e ao paso polo primeiro cumio do Monte Santa Trega o corredor Dani Martínez do Club Cornelios xa se distanciou collendo a vantaxe precisa para chegar en primeiro lugar ata a liña de meta, seguido de José Manuel Gil en un terceiro posto Jose Manuel Gonzalez Domínguez, que foi quen de remontar varios postos na parte máis técnica da carreira.

    Pola súa banda a favorita da categoría feminina, Diana Domínguez, cumpriu coas previsións e superou a todos os seus rivais dende o quilómetro 0, acadando a vitoria que dominou de inicio a fin, distanciando en máis de dous minutos á segunda clasificada, Lourdes Vázquez, e a máis de 4 minutos por Raque Doiro.

    O trail do Trega, é a derradeira proba da Pontevedra Trail League da Deputación de Pontevedra (tralo Trail Muíños do Folón e Monte Aloia) o que coroou aos diferentes gañadores das diversas categorías que compoñen esta liga, acadando a vitoria absoluta Daniel Pazó e Diana Dominguez.

    No acto de entrega de premios estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes ea Deputada Provincial Iria Lamas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.