O Concello da Guarda sabe que o ano que ven e un ano moi importante en canto a xestión dos residuos, e esta semana celebrase a nivel Europeo a Semana da Redución de Residuos por iso queremos deixarvos uns pequenos consellos para poder axudar o Medio Ambiente e reducir os residuos que xeramos no noso día a día.
- Usa para as túas compras bolsas de tea, xa que as podes lavar e usar moitas veces.
- Usa a túa botella reutilizable , para evitar o uso de botellas de plástico.
- Prioriza a compra de produtos a granel, por sorte na Guarda contamos con tendas a granel ou produtos de proximidade, praza de abastos, froiterías, carnicerías…
- Non compres froita empaquetada, nin con adhesivos nin outro tipo de envase, o mellor envase e a súa propia pel.
- Evita consumir roupa de moda rápida, que non teñen calidade e non dure mais que unha temporada, a boa roupa é eterna. A roupa que non te sirva e non queiras podes doala a coñecidos ou asociacións ou botala nos contedores da roupa.
- Evitar comprar obxectos sobre empaquetados, como adoita a ser a comida lixo.
- Recorda que podes usar o teu tupper para comprar en carnicerías, charcuterías e peixerías…
Recorda que o mellor residuo e aquel que non se xera!