Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

O Concello desenvolve obras de mellora no parque de Turbela e outros espazos públicos

O Concello de Arbo desenvolveu, nestes días, diversos traballos de mellora e adecentamento do parque da Turbela e de outros espazos públicos do municipio, traballos que foron posibles a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 16.680,38 €.

Arbo aproba as bases para a contratación de auxiliares de Axuda no Fogar

Por resolución de Alcaldía foron aprobadas as bases e a convocatoria para a constitución dunha nova bolsa de emprego para cubrir as prazas de auxiliar de Axuda no Fogar en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, ante a perda de vixencia da bolsa de emprego anteriormente constituída no ano 2018, e actualmente prorrogada tras o estado de alarma decretado pola pandemia do COVID-19.

Belén Carballo, nova concelleira do BNG en Covelo

O BNG vén de renovar o seu grupo municipal na localidade de Covelo. Belén Carballo tomou posesión no Pleno da corporación como nova concelleira do Bloque, en substitución do ex portavoz municipal Alex Osorno. A nova portavoz municipal será a actual concelleira Laura Santiso.

Lete Lasa visita o Pavillón de Deportes de Arbo para comprobar o resultado das obras realizadas

O Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, deron o visto e prace a conclusión dos traballos de reforma do tellado do Pavillón de Deportes de Arbo, unha obra que contou cun investimento de 46.933,12 € e que foi realizada por unha empresa local dentro da iniciativa de dinamizar a economía do municipio.

O Concello de Arbo, executa melloras en viais municipais por diversos puntos do municipio

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.

Mondariz e Covelo celebran a aprobación dun proxecto de obradoiro de emprego

"Medrando entre todas e todos", o proxecto de obradoiro de emprego presentado polos concellos veciños de Mondariz e Covelo, acaba de recibir unha resolución positiva por parte da Xunta de Galicia, polo que antes de final de ano comezará a capacitar a unha vintena de persoas en sectores estratéxicos do ámbito rural, como o medio ambiente e o envellecemento da poboación, a través da combinación de formación profesional e traballo práctico durante un contrato de nove meses de duración.

O Concello de Arbo contrata a restauración do palco de San Benito

As obras teñen como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estean afectados por algunha patoloxía e sexan recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais, e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

A Deputación a piques de rematar na Cañiza o acondicionamento da EP 5005 fronte ao cemiterio e o campo de fútbol do Vieiro

O concello da Cañiza está a poucos días de poder desfrutar do novo estado da estrada provincial EP5005 A Cañiza-Pousa, na zona do enlace da autovía e na recta de saída da vila en dirección ao municipio de Crecente.

A Xunta entrega ao Club Balonmán Cañiza unha furgoneta valorada en 24.400 euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entregou onte ao Clube Balonmán Cañiza unha furgoneta para os desprazamentos do equipo adquirida a través da orde de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos. A entrega do vehículo realizouse instantes antes do partido do equipo pontevedrés contra o Gourmet Ampate Lanzarote, correspondente á sétima xornada da Primeira Nacional Masculina.

Os populares da Cañiza denuncian a licitación das luces de Nadal por 105.000€ para os vindeiros tres anos

O Partido Popular denuncia que o Goberno municipal non poña por diante as necesidades dos autónomos, comerciantes, hostaleiros e decida investir os recursos municipais en empresas foráneas.

Arbo inicia o concurso de carteis para a LXI Festa da Lamprea

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da LXI Festa da Lamprea que terá lugar os días 23, 24 e 25 de abril do ano 2021. Sempre tendo en conta a evolución da Covid-19, o Concello de Arbo, adaptará como fixo no ano 2020, a celebración da que a súa festa máis importante, a Festa da Lamprea, declarada de interese turistico nacional no ano 2016.

Arbo aproba o convenio de Colaboración para a mellora da estrada da Estación

O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).