Martes, 19 Agosto de 2025

A Paradanta

A Cañiza leva hoxe a Pleno a ordenanza reguladora da venda ambulante no municipio

O Pleno da Corporación da Cañiza que se celebrará hoxe, aprobará, inicialmente, a Ordenanza que regulará o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes.

Reabre o cámping da Cañiza para converterse en ferramenta catalizadora do turismo

Este xoves, 27 de maio, o Pleno do Concello da Cañiza, como órgano competente para resolver (xa que o importe do valor da concesión supera o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento: 3.627.655,26€) aprobará e adxudicará a concesión por procedemento aberto, de uso privativo do cámping, convocando a súa licitación.

Isma Lago continuará ao fronte do Saeplast BM Cañiza

O Club Balonmán Cañiza ven de renovar a Isma Lago como adestrador do Saeplast Balonmán Cañiza de Primeira Nacional para a vindeira tempada 2021/2022. Baixo a súa dirección o Saeplast BM Cañiza acadou a mellor tempada da historia do club en Primeira Nacional, cuarta posición con 37 puntos

Arbo inviste preto dos 90.000 euros na mellora de viais municipais en Cequeliños

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, procedendo á reparación daquelas que están asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que se atopan con firme de terra. Trátase de mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos, traballos considerados como prioritarios polo Goberno que preside Horacio Gil.

Reunión do alcalde da Cañiza coa conselleira de Infraestruturas

O alcalde da Cañiza reuniuse en Santiago coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para volver a tratar o tema de execución da circunvalación entre a Estrada Provincial Cañiza-Crecente EP5005 e a Estrada Autonómica PO406 Cañiza-Filguera, que ademais conectará e axilizará as comunicación entre a A-52 e o polígono industrial.

O Concello de Arbo renova 189 puntos de luz con tecnoloxía LED

As instalacións dos novos sistemas de iluminación teñen como finalidade mellorar a súa eficiencia enerxética, substituíndo as existentes por outras que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuosa co medio ambiente.

O alcalde da Cañiza traslada aos responsables de estradas a necesidade de mellora da N-120 ao seu paso polo municipio

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse onte na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, co xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González; co cefe da Unidade de Estradas en Pontevedra, Pablo Domínguez e coa subdelegada do Goberno, Mayca Larriba, a fin de transmitirlles a súa preocupación polo estado da N-120 ao seu paso polo termo municipal.

A Cañiza recibe a visita do Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil

Esta mañá visitou o Concello o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, para coñecer e tratar co alcalde, Luis Piña, as principais problemáticas relacionadas coas depuracións de augas residuais, saneamentos e limpeza de cauces de ríos así como dos sistemas de abastecemento de augas de consumo aínda que esta é unha competencia de Augas de Galicia da Xunta.

A Xunta outorga axudas para mellorar as coleccións das nove bibliotecas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar máis de 25.000 euros en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora de coleccións bibliográficas a nove bibliotecas municipais e axencias de lectura das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.

O alcalde da Cañiza entregou premios aos gañadores dos certames literarios

O alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura, Rubén Muiños, fixo entrega onte, Día das Letras Galegas, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, dos diplomas e tablets aos catro concursantes gañadores do XXII Concurso de Poesía e XX Concurso de Relatos ou Narraccións Breves.

Arbo convoca o I certame fotográfico “Arbo, vila da lamprea – LXI Festa da Lamprea”

O Concello de Arbo convoca o I certame fotográfico "Arbo, vila da lamprea - LXI Festa da Lamprea". O obxectivo deste concurso é promover e poñer en valor a enorme diversidade de recursos naturais e paisaxísticos de Arbo. Un extraordinario patrimonio natural, cultural e patrimonial que forma parte da beleza do conxunto do termo municipal.

O alcalde da Cañiza felicita ás campioas galegas de balonmán

Onte sábado, o Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu a recepción a todo o equipo do Balonmán Cañiza Feminino que vén de proclaclamarse Campión Galego. O equipo formado polas 17 xogadoras, o entrenador Emilio Barciela, o preparador físico Ramón Pérez e os dous delegados de equipo Javier Rodríguez e Melisa Mariño que xunto co presidente do Club, Rubén Fernández e a directiva, foron felicitados polo rexedor Luis Piña, acompañado da primeira tenente de alcalde Mª José Rodríguez.