Domingo, 17 Agosto de 2025

A Paradanta

Covelo inviste preto de 65.000 € na ampliación da rede de saneamento con novos tramos en Maceira

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que veñen de rematar as obras do proxecto “ramais de saneamento en Maceira”. O goberno de Covelo continúa así na súa estratexia de mellora dos servizos básicos.

Cine, espectáculos, patinaxe, premios e teatro no nadal do Concello de Covelo

O Concello de Covelo celebrará o nadal con cine, patinaxe, premios e teatro, actividades deseñadas para todos os públicos. A Feira de Nadal no pavillón deu o pistoletazo de saída da programación de nadal que o Concello deseñou para estes días festivos.

A Xunta remata a mellora da rede de saneamento de Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente.

A Deputación porá en marcha unha rede de comercio local en Arbo, Mondariz e As Neves

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por preto de 210.000 euros a posta en marcha dunha plataforma para crear unha rede de comercio local e produtos quilómetro cero nos concellos de Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Rodeiro ao abeiro do programa “Da túa man” (rural), financiado con fondos europeos.

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

Bares e restaurantes do Concello de Covelo únense para a posta en valor das carnes de produción local e lanzan o menú “Cocido de Covelo” que se poderá degustar en calquera dos dez locais de hostalaría previa reserva.

Arbo acolle hoxe a obra de teatro “Falemos como galegas”

O Auditorio Municipal de Arbo será escenario este sábado, 9 de decembro, da actuación da compañía pontevedresa Migallas Teatro, que porá en escena a obra “Falemos como galegas” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”

Postos de artesanía, doces caseiros, música e actividades para crianzas na Feira de Nadal de Covelo

O Concello de Covelo celebra a súa tradicional Feira de Nadal este sábado día 9 no pavillón de deportes municipal. Resgardados das inclemencias do tempo as persoas participantes poderán gozar da música en directo, de doces caseiros e chocolate quente e mercar os seus agasallos de nadal nos múltiples postos de artesanía.

Covelo recoñece á futbolista Marta Castillo e ao futbolista Pablo Aparicio polos seus logros deportivos

O Concello de Covelo recibíu á futbolista Marta Castillo Gómez e ao futbolista Pablo Aparicio Carballo para recoñecer os seus logros deportivos facéndolle entrega dunha placa institucional e dun sentido aplauso da directiva do club de fútbol local, veciñanza e familiares que asistiron ao acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello.

O Concello de Covelo executa obras por máis de 120.000 € para reparar os danos por temporais

O Concello de Covelo executa traballos de reparación e reconstrución por un total de 122.052 € nas parroquias de Casteláns, Godóns, Santiago de Covelo e San Salvador de Prado. Con estas obras o Concello procede a arranxar os danos causados pola climatoloxia adversa en infraestruturas municipais.

Covelo convoca aos elfos de Nadal para que despreguen a súa maxia

Como cada ano os elfos de Nadal visitan o Concello de Covelo para facer maxia e inundar de ilusión cada recuncho, por este motivo o Concello convida a toda a cidadanía a participar no grupo de voluntariado “Fábrica de felicidade” que xa comezou a traballar para preparar o desfile navideño.

Covelo pavimenta o camiño das Searas en Paraños

O camiño das Searas entre Cotarel e As Medelas, na parroquia de Paraños, convértese nunha pista asfaltada logo dos traballos que nestes días executa o Concello de Covelo co obxecto de mellorar os accesos ás propiedades.

A Cañiza aproba un plan de saneamento financeiro

O Pleno da Cañiza aprobou onte, por maioría absoluta, o plan de saneamento financeiro. Este plan contempla solicitar ao Ministerio de Facenda que rebaixe ata o 25 % a retención que está aplicando nas cantidades que ingresa o Concello a conta da participación dos tributos ao Estado (unha das principais fontes de financiación do Concello).