Sábado, 3 Maio de 2025

A Paradanta

Covelo aforrará a metade da factura da luz do pavillón co cambio das luces a led

O Concello de Covelo quere contribuír á redución da pegada de CO2 e sumarse ao cambio polo planeta tal e como asumíu na sinatura do Pacto das Alcaldías polo clima.

O SAT de Arbo, Salvaterra e Crecente atendeu a 87 nenos

O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente que desenvolve a súa actividade presencialmente en cada un dos concellos en instalacións destinadas a tal fin atendeu durante o último ano un total de 87 usuarios pertencentes ós tres municipios.

As Neves, Mondariz e Arbo beneficiarios do proxecto “Da túa man”

A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello das Neves cun orzamento de 6.153 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia.

Covelo recoñecerá o espírito empresarial e o deportivo nos premios “Síntete Covelo”

O IX galardón “Síntete Covelo” recoñecerá a traxectoria de Joaquín Vales Piña e Xabi Gómez Lorenzo. Será o vindeiro sábado día 23 de decembro no auditorio municipal de Covelo ás 18 horas.

As Neves e Crecente executan obras de mellora nas infraestruturas municipais grazas á Xunta

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as comarcas do Condado e de Paradanta para supervisar as obras que se están a levar a cabo nas infraestruturas municipais das Neves e Crecente grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.

A Cañiza continúa apostando pola reciclaxe e a compostaxe

Baixo o lema de "A Cañiza, coidada e sostible", o Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada xa nos anos 2021 e 2022 e que segue, neste 2023, centrada na compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no concello.

Domingo de patinaxe no concello de Covelo

O Club Covelo Patinaxe Artística e o Concello de Covelo convidan á veciñanza a gozar do espectáculo deportivo do Festival de Nadal este domingo día 17 de decembro. A partir das 17:30 horas, os patinadores do club exhibirán a súa habilidade, técnica e creatividade para todo o público.

Redondela exporta o proxecto A Memoria da Estirpe a toda Galicia

O proxecto A memoria da Estirpe, que ten por obxectivo recompilar testemuños orais e lembranzas das persoas maiores, naceu da man do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, e agora vaise trasladar a outros municipios de Galicia.

Gran concerto de Nadal o sábado 16 de decembro

O Auditorio do Centro Multiúsos de Arbo acollerá o sábado 16 de decembro o tradiconal concerto de Nadal, coa actuación da Banda de Música de Arbo e a Coral Polifónica de Arbo, cunha programación variada no que destacan pezas de temática navideña.

Covelo inviste preto de 65.000 € na ampliación da rede de saneamento con novos tramos en Maceira

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que veñen de rematar as obras do proxecto “ramais de saneamento en Maceira”. O goberno de Covelo continúa así na súa estratexia de mellora dos servizos básicos.

Cine, espectáculos, patinaxe, premios e teatro no nadal do Concello de Covelo

O Concello de Covelo celebrará o nadal con cine, patinaxe, premios e teatro, actividades deseñadas para todos os públicos. A Feira de Nadal no pavillón deu o pistoletazo de saída da programación de nadal que o Concello deseñou para estes días festivos.

A Xunta remata a mellora da rede de saneamento de Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente.